Un estudo demostra que o cánnabis pode ser peor para os pulmóns que o tabaco

Investigadores de Canadá analizaron as radiografías de tórax de persoas fumadoras e non fumadoras dende 2005 ata 2020

Fumar cánnabis pode chegar a danar máis os pulmóns e as vías respiratorias dunha persoa que o consumo de tabaco, segundo un recente estudo elaborado por investigadores de Canadá.

A investigación foi levada a cabo polos académicos da Universidade de Ottawa e o Hospital de Ottawa. Desta forma, para a súa execución, centráronse en observar radiografías de tórax de 56 fumadores de cánnabis, 57 non fumadores e 33 persoas que fumaban tabaco entre 2005 e 2020.

Publicidade

A partir desta análise, atoparon tasas máis altas de inflamación das vías respiratorias e enfisema, unha enfermidade crónica que afecta aos alvéolos dos pulmóns, trastorno común entre os fumadores habituais de cánnabis en comparación cos fumadores de tabaco ou entre os non fumadores.

“Fumar marihuana está en aumento e hai unha percepción pública de que a marihuana é segura ou que é máis segura que os cigarrillos”, manifestou Giselle Revah, radióloga do Hospital de Ottawa, onde se levou a cabo a investigación. Non obstante, “o estudo xera preocupacións de que isto pode non ser certo”.

Publicidade

Á par, a radióloga revelou que as tasas máis altas de inflamación e enfermidade entre os fumadores de cánnabis, en comparación co tabaco, poderían relacionarse coas diferenzas na forma en que se consumen normalmente as drogas. “A marihuana fúmase sen filtrar, en comparación co tabaco, que polo xeral se filtra”, apuntou.

Así mesmo, engadiu que “as persoas polo xeral toman caladas máis grandes e reteñen o fume nos pulmóns por máis tempo no caso da marihuana, o que pode causar más dano nos espazos de aire”. A pesar destas aclaracións, os autores do estudo, publicado na revista Radiology, manifestaron que algúns dos fumadores de cánnabis tamén consumían tabaco, e que algunhas das exploracións de pulmóns amosaron resultados non concluíntes, polo que se precisan máis estudos.

Legalización das drogas

A súa vez, o cánnabis, ao ser un estupefaciente prohibido en múltiples países, carece de investigacións sobre a repercusión e os efectos na saúde en xeral, como ben puntualizou Revah.

En Canadá, país no que residen os investigadores deste estudo, legalizou o uso recreativo do cánnabis no ano 2018. Ademais, para este mesmo uso recreativo é legal en Uruguay e México, entre outros países, así como tamén en moitos estados de EE.UU. De igual forma, outros países e territorios despenalizaron, recentemente, a posesión da droga ou procederon a súa aprobación para o emprego medicinal.


Referencia: Chest CT Findings in Marijuana Smokers (Publicado en Radiological Society of North America)

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:06:28

Un microscopio feito a medida para estudar nanopartículas individuais

Investigadores do CINBIO incorporan un equipo hiperespectral de campo escuro sen equivalente comercial, capaz de medir moléculas que ata agora só se podían analizar en conxunto

Un estudo galego revela que os lumes favorecen ás aves máis afectadas polo abandono rural

A USC e o CSIC investigan a Serra do Xurés e analizan a recuperación desigual segundo o hábitat, cunha maior vulnerabilidade das especies forestais

Un novo tratamento deseñado na USC axuda a deixar de fumar en oito semanas e sen saír da casa

A Unidade de Tabaquismo e Trastornos Aditivos desenvolve unha aplicación móbil para realizar o seguimento dos pacientes a través de videochamadas

Extraer ADN de amorodos ou resolver unha ‘escape room’ climática: así será a sexta edición da G-Night

A Noite Galega das Persoas Investigadoras terá lugar o 25 de setembro de xeito simultáneo nas sete cidades galegas