Galicia rexistrou en 2021 o menor número de nacementos da súa historia e segue a caer

O ano pasado rexistráronse 14.787 nacementos, un 3,02% menos que o ano anterior e case o triplo da media española e acumula un descenso do 2,78% en 2022

O descenso da natalidade en Galicia segue en caída libre. O ano 2021 foi no que menos nacementos se rexistraron no país desde que existen datos fiables. O segundo ano da pandemia naceron en Galicia 14.787 bebés, un 3,02% menos que en 2020. Na última década, a natalidade non deixa de caer, mentres a poboación envellece. Segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística, publicados este mércores, o saldo de defuncións e nacementos segue a ser negativo. En concreto, en 18.066 persoas.

No que vai de 2022, Galicia rexistrou 1.287 nacementos o pasado mes de setembro, o que supón unha caída do 5,4% en comparación cos 1.361 bebés contabilizados no mesmo período de 2021, segundo datos publicados este mércores polo Insitituto Galego de Estatística (IGE) e o Instituto Nacional de Estatística (INE)

Publicidade

Este 2022 naceron no país 10.811 nenos, un 2,78% menos que no nove primeiros meses do exercicio previo e un 8,87% menos que entre xaneiro e setembro de 2019, último ano antes da chegada da pandemia do coronavirus.

Por provincias, na Coruña naceron 548 nenos, un 10,7% menos, mentres que en Lugo rexistráronse en setembro 156 nacementos, un 10,6% máis, así como en Ourense, que contabilizou 110 bebés, un 12% menos. Pola súa banda, en Pontevedra naceron 473 nenos en setembro, un 1,6% menos.

Publicidade

Sobe a mortalidade

O INE tamén publicou a mañá deste mércores o número de defuncións até a semana 43 deste ano, que se corresponde coa última semana completa do mes de outubro (do 24 ao 30 dese mes). Ata esa data faleceron en Galicia 28.607 persoas, un 7,5% máis que no mesmo período de 2021 e un 12% máis que en 2019.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia lidera a mortalidade por sarcoidose, unha rara enfermidade inflamatoria

Ourense e Lugo concentran o maior risco de falecemento por unha patoloxía que pode afectar a todos os órganos, especialmente pel e pulmóns

Que está a pasar coa velutina este ano? Galicia rexistra tres novas vítimas

As condicións meteorolóxicas e o aumento da actividade dos niños poderían explicar a repunta de ataques no outono

Pontevedra xa rexistra máis mortes por cancro de pulmón que o de mama en mulleres

No ano 2024, a provincia galega sumou 159 falecementos por tumor pulmonar, fronte aos 146 causados por carcinoma mamario, segundo datos provisionais do INE

Un estudo galego vincula as noites calorosas cun aumento da mortalidade de ata o 3%

As altas temperaturas á hora de durmir poden empeorar o sono e agravar enfermidades cardiovasculares, respiratorias e neurolóxicas