Xoves 28 Marzo 2024

Artemis I despega con éxito e avanza cara a Lúa para preparar o regreso do ser humano

A NASA lanzou a madrugada deste mércores o megafoguete SLS coa cápsula Orion a bordo e estímase que volverá á Terra dentro de 26 días

Tras varios aprazamentos por cuestións técnicas e meteorolóxicas, a misión Artemis I logrou despegar este mércores ás 07:47 horas (hora peninsular española), dende o Centro Espacial Kennedy da NASA en Florida (EE.UU.). Retrasmitido pola NASA en español, o foguete Sistema de Lanzamiento Espacial (SLS) posicionou á nave Orion rumbo ao seu destino: a Lúa.

Misión Artemis I

Inicialmente, o lanzamento estaba previsto para o 29 de agosto, pero a causa de problemas coa refrixeración dun motor do foguete SLS, unha fuga de hidrxeno e a chegada dos furacáns Ian e Nicole, o acontecemento tivo que posporse ata este mércores.

Publicidade

Artemis I caracterízase por ser un voo de proba sen tripulación, o primeiro dun conxunto de misións cada vez máis complexas para alistarar a presenza humana permanente na Lúa. Neste sentido, o obxectivo principal é conseguir que, nos vindeiros anos, por vez primeira, chegue unha muller e unha persoa racializada ao noso satélite, así como tamén poder levar a cabo futuros viaxes a Marte. 

A principal finalidade do seu lanzamento é comprobar todos os sistemas de Orión nun entorno de voo espacial, á par que garantizar un regreso seguro á Terra antes de dar comezo ao primeiro programa espacial, xa con astronautas, na segunda fase: a misión Artemis II.

“Imos facer unha misión completa: despegar co foguete, chegar ata a órbita da Lúa coa nave Orion e probar todos os sistemas: deode o de propulsión e os sistemas eléctricos ata caracterizar as capacidades a nave”, manifestou o enxeñeiro Carlos García Galán, membro do Centro de Investigación Glenn da NASA, participante no proxecto.

A duración da viaxe espacial de proba será duns 26 días (25 días, 11 horas e 36 minutos exactamente) e a cápsula, tras percorrer 2,1 millóns de kilómetros, está previsto que finalice a expedición no Pacífico o 11 de decembro de 2022. Deste modo, permanecerá no espazo máis tempo que calquer outra nave para tripulantes sen estar coplada a unha estación espacial.

Foguete SLS

Outro dos récords de Orion é o seu sistema de lanzamento, xa que o foguete SLS da NASA é o máis potente do mundo, capaz de enviar máis de 27 toneladas métricas á Lúa. 

Poucos minutos despois do lanzamento, foron separándose, de forma continuada, os dous grandes propulsores, os catro motores RS-25, a etapa central, os paneis protectores do módulo de serzo e o sistema para abortar o lanzamento, deixando a Orión unido á etapa de propulsión crioxénica intermedia (ICPS) que o impulsa cara a órbita lunar.

Esta manobra, denominada como inxección translunar, apunta con precisión a un punto sobre o noso satélite que guía a Orión o suficientemente cerca como para ser capturado pola gravidade da Lúa.

Módulo de servizo europeo

Contémplase que, en torno a dúas horas despois do lanzamento, Orión separarase do ICPS, que desplegará, acto seguido, dez pequenos satélites. Estes CubeSats empregaranse para estudar a Lúa, realizar experimentos, observaciós científicas e algúns como demostradores tecnolóxicos.

No traxecto dende a órbita terrestre ata a lunar, Orion impúlsase cun módulo de servizo proporcionado pola Axencia Espacial Europea (ESA) e construido por Airbus, que axuda a emendar a dirección, propulsa a nave e subministra enerxía.

Ademais, a estrutura dispón de catro paneis solares “que é o que permite estar no espazo meses en lugar de días, e iso é unha das misións máis importantes de Orion: poder manter a presenza aí permanente”, sinala o enxeñeiro español.

Orión voará a uns 97 kilómetros porriba da superficie da Lúa, no seu acercamento máis próximo, e logo empregará a forza gravitacional do noso satélite para impulsarse a unha órbita retrógrada distante ao seu arredor, polo que viaxará arredor duns 64.000 kilómetros máis alá da Lúa.

A distancia é 48.000 kilómetros máis afastada que a anterior marca instaurada durante o Apolo 13 e a maior distancia no espazo que voou calquera nave fabricada para seres humanos, sen acoplarse a unha estación espacial. Á súa vez, do planeta Terra chegará a estar a 450.000 kilómetros.

Durante as semanas que durará a viaxe, os enxeñeiros evaluarán todos os sistemas da nave, que leva tres maniquíes para estudar a radiación, xunto con outros parámetros que experimentarán os astronautas.

A nave recibirá outra axuda gravitatoria da Lúa durante un segundo sobrevoo próximo para, coa axuda tamén dos motores, acelerar e volver ao seu fogar.

Fin da misión 

A misión finalizará cunha proba da capacidade de Orión para regresar de forma segura á Terra, onde chegará máis rápido e máis quente que ningunha outra nave para seres humanos coñecida antes. Entrará a uns 40.000 km/h na atmósfera terrestre, que reducirá a súa velocidade a uns 480 km/h, aínda que isto xerará temperaturas de aproximadamente 2.800 graos Celsius e porá a proba o seu escudo térmico.

Posteriormente, a nave despregará un sistema de paracaídas. Dos de freado que se abren primeiro, a 7.600 metros de altura, e que nun minuto reducen a velocidade a uns 160 km/h. Outros tres paracaídas que ralentizarán o descenso a menos de 32 km/h. Así, Orion aterrizará de forma precisa no océano Pacifico, á vista dun barco da Mariña de EE.UU.

Así, fronte as costas de San Diego (California), o Equipo de Aterrizaxe e Recuperación da NASA encargarase de recuperar a cápsula de forma segura tralo amerizaxe, en colaboración con buzos da Armada e meteorólogos das Forzas Aéreas.

En combinación con outros elementos recuperados da nave, Orion levarase a unha base naval costeira para o seu traslado ao centro Kennedy. Neste contexto, alí emprenderase unha profunda análise ds seus datos.

Misión futura

Os obxectivos principais da proba de Artemis I son constatar a eficacia do escudo térmico de Orión durante a reentrada na Terra tralo retorno lunar, comprobar o óptimo funcionamiento dos sistemas e operacións durante todas as fases da misión, e recuperar a nave despois do amerizaxe de forma segura.

Acto seguido, e se todo avanza de maneira axeitada, de forma similar a este primeiro lanzamento, preeverase para 2024 a misión Artemis II, que contará xa con tripulación humana.

O programa Artemis da NASA, en colaboración con socios comerciais e internacionais, contempla outras misións posteriores, como a III na que está previsto que pise a Lúa unha muller por primeira vez, así como tamén a construción dunha estación espacial lunar chamada Gateway.

No futuro espérase que este novo complexo orbital, que se moverá arredor do noso satélite, facilite e asegure o posible retorno da humanidade á superficie lunar, á espera de que tamén marque un punto de partida para a exploración do espazo profundo, comezando por Marte.


Podes consultar aquí o artigo orixinal da axencia SINC.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

A Lúa non ten ceo

https://theconversation.com/javascripts/lib/content_tracker_hook.js *Un artigo de “E se estivésemos equivocados? E se a Terra...

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón

O galego aos mandos da dinámica orbital da NASA: “O espazo parecíame ciencia ficción”

Andrés Dono entrou na administración espacial americana con 24 anos para facer unhas prácticas. Unha década despois lidera o equipo que deseña a traxectoria dos satélites