Un equipo do CHUAC extirpa por primeira vez un cancro de páncreas con tecnoloxía robótica

A paciente foi unha muller de 60 anos, que evoluciona de forma "moi satisfactoria" no seu domicilio

Os membros do equipo de cirurxía xeral do Complexo Hopitalario Universitario da Coruña (CHUAC) extirparon por primeira vez en Galicia un cancro de páncreas con tecnoloxía robótica. A paciente é unha muller de 60 anos, que foi dada de alta e evoluciona de forma “moi satisfactoria” no seu domicilio, segundo informaron fontes hospitalarias.

O médico adxunto do servizo de cirurxía xeral do CHUAC Javier Aguirre explicou que esta operación, chamada duodenopancreatectomía cefálica, é a técnica cirúrxica “máis complexa” de toda a patoloxía hepato-biblio-pancreática. O doutor sinalou que “normalmente” se realiza mediante cirurxía convencional aberta e de “forma máis excepcional”, con lamparoscopia

Publicidade

Ventaxes do emprego do robot Davinci

Nesta ocasión, o equipo do CHUAC utilizou as vantaxes que proporciona o robot Davinci para levar a cabo esta técnica por primeira vez en Galicia. Aguirre destacou que este aparello “magnifica até dez veces o campo visual”, ofrece unha visión “fantástica e moi estable” e elimina “totalmente” o tremor das mans do cirurxián.

Outra das vantaxes máis importantes do robot, segundo recalcou o doutor, é a capacidade de xiro de “case 360 graos” das súas pinzas. Esta robotización da cirurxía lamparoscópica pódese aplicar en calquera das cirurxías endoscópicas. No caso do CHUAC, optaron por aplicala nas de alta complexidade como a de cancro colorrectal, dixestivo ou pancreático.

Publicidade

Imprimir

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Academia de Ciencias de EE UU retira o estudo sobre a curación do cancro de páncreas en ratos de Barbacid

A revista PNAS retracta o artigo ao detectar relacións non declaradas dos autores coa empresa Vega Oncotargets

A loita contra o cancro de páncreas: “Un modelo que funciona en animais pode non funcionar en humanos”

Enrique de Madaria, un dos maiores expertos mundiais en pancreatoloxía, asegura que só o 20% dos pacientes se diagnostican en fase temperá

O equipo de Barbacid elimina por completo o cancro de páncreas en ratos

O grupo do Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas evita resistencias en modelos animais cunha tripla terapia combinada

Profesionais do CHUAC e da UDC avalían o uso da realidade aumentada no quirófano

O equipo investigador proba en condicións reais lentes intelixentes para determinar se poden mellorar a precisión e a seguridade das intervencións cirúrxicas