A Academia de Ciencias de EE UU retira o estudo sobre a curación do cancro de páncreas en ratos de Barbacid por ocultar intereses empresariais

A revista PNAS retracta o artigo ao detectar relacións non declaradas dos autores coa empresa Vega Oncotargets

O estudo liderado por Mariano Barbacid no que se anunciaba a eliminación por completo do cancro de páncreas en ratos é retirado da revista da Academia Nacional de Ciencias de Estados Unidos (PNAS). Os editores retractan este artigo debido ao interese competitivo relevante, oculto no momento da presentación. O autor e os dous coautores, Vasiliki Liaki e Carmen Guerra, teñen intereses financeiros da empresa Vega Oncotargets, destinada a desenvolver novas terapias contra esta enfermidade.

Barbacid, como membro da Academia estadounidense, tiña dereito a publicar os seus traballos pola vía rápida, cunha revisión máis laxa, tal e como informa El País. A investigación publicouse en xaneiro e, tres meses despois, a falta de declaración de conflitos de interese é o motivo principal do rexeitamento do artigo por esta publicación científica internacional.

Publicidade

“Os membros da academia que teñen un interese competitivo, financeiro ou doutro tipo, que podería ser visto que inflúe significativamente na súa obxectividade ou como a creación dunha vantaxe competitiva inxusta para calquera persoa ou organización vinculada á investigación, deben presentar o seu traballo como presentación directa“, lembran dende PNAS, informando sobre a súa liña editorial.

O grupo do Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO) foi pioneiro cunha estratexia que consiste en bloquear a acción do oncoxene KRAS en tres puntos, no canto de só nun. Despois de eliminar xeneticamente tres moléculas da vía de sinalización de KRAS en modelos de rato, os tumores desapareceron de maneira permanente.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A loita contra o cancro de páncreas: “Un modelo que funciona en animais pode non funcionar en humanos”

Enrique de Madaria, un dos maiores expertos mundiais en pancreatoloxía, asegura que só o 20% dos pacientes se diagnostican en fase temperá

O equipo de Barbacid elimina por completo o cancro de páncreas en ratos

O grupo do Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas evita resistencias en modelos animais cunha tripla terapia combinada

Unha novidosa estratexia enfronta o cancro de páncreas con radioterapia hipertérmica

O CSIC lidera un proxecto europeo que aborda o tratamento cunha innovadora fórmula de tres eixos: radioterapia, calor localizada e nanopartículas

Resultados negativos para avanzar na ciencia: a valente aposta dunha investigadora galega

O grupo de Inmunoloxía do CINBIO leva anos estudando distintas vías para tratar o cancro de páncreas, un dos máis agresivos