Sofocos, dor articular e sequidade: síntomas máis frecuentes na menopausia

Segundo unha enquisa, un 45,5% das mulleres tamén terían a pel máis seca e o 43,8% acusarían falta de desexo sexual

Sofocos, dor articular, sequidade. Son síntomas habituais cando desaparece a menstruación, poñendo fin á capacidade reprodutiva da muller. Con motivo do Día Mundial da Menopausia, que se celebra este 18 de outubro, publícase unha enquisa realizada a 1.750 mulleres en España, co obxectivo de mostrar que lle acontece ao corpo e á mente cando cesan os ciclos menstruais. A investigación foi desenvolvida pola Asociación Española para o Estudo da Menopausia (AEEM).

Segundo recollen na enquisa, o 61,3% das mulleres entre 40 e 70 anos tiveron a súa última menstruación hai un ano ou máis. Tamén se mencionan as perimenopáusicas -que supoñen o 8,3%- e fan referencia a aquelas mulleres que menstruaron hai menos dun ano pero que presentan síntomas característicos da menopausia.

Publicidade

O 8,3% das mulleres tiveron a menstruación hai menos dun ano, pero xa presentan síntomas característicos da menopausia

No que respecta aos síntomas, o 51,7% das mulleres participantes sinalaron a dor de articulacións e a sequidade vulvar ou vaxinal como os máis frecuentes. Logo viría a pel seca, nun 45,5% e a falta de desexo sexual, que se situaría no 43,8%. O quinto síntoma serían os sofocos, nun 40,9%, que adoita ser o máis intenso durante os primeiros anos da menopausia.

En relación ás mulleres perimenopáusicas, os síntomas non coinciden exactamente. Elas sinalan que o máis frecuente son os sofocos, nun 66,4%. O segundo sería o insomnio, que afectaría ao 58,2% das mulleres participantes na enquisa. Finalmente, a sudoración nocturna e as dores nas articulacións acadaríal, conxuntamente, o 54,8%.

Publicidade

O tratamento

Malia os síntomas que se citan na enquisa, só o 16,7% das mulleres recibe tratamento para afrontar a menopausia. Ben poden acudir á terapia hormonal, a compostos naturais ou a tratamentos non hormonais. O efecto máis preocupante da primeira opción é o risco de cancro (68,8)%, así como o aumento das posibilidades de sufrir trombos ou problemas de carácter circulatorio (21,9%). As cifras son semellantes para as mulleres perimenopáusicas, onde o 19,7% delas acoden aos tratamentos.

Parella e relacións sexuais

En relación a como afecta a menopausia á parella e ás relacións sexuais, o 67,2% das mulleres participantes na enquisa asegurou manter a súa actividade sexual. Unha cifra que aumenta ata o 81,5% cando se fala das perimenopáusicas. Aínda que un dos factores que máis inflúe é a idade: as mulleres de 40 a 49 anos mantéñenas con máis regularidade (85,5%), mentres que as cifras se van reducindo na franxa de 50 a 59 anos (74,1%) e na de máis de 60 (58,6%).

Hábitos saudables

Relacionado cos hábitos de vida saudables, o 34,5% das mulleres con menopausia que participaron na enquisa indicaron que se teñen sobrepeso, mentres que o 17,4% teñen obesidade. Unhas cifras que se reducen, aínda que lixeiramente, no caso das perimenopáusicas. En relación á práctica de exercicio regular, as mulleres con menopausia fano con máis frecuencia (77%) que as que aínda están nos inicios da etapa (70,5%).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A menstruación condiciona a vida cotiá de máis do 80% das mulleres en España

Un estudo con máis de 4.000 participantes revela que só unha de cada seis logra manter a súa rutina diaria sen cambios durante o ciclo

Catro de cada dez cidadáns perciben a menstruación como un estigma

Un macroestudio pioneiro en España que contou con máis de 4.000 participantes maiores de 14 anos para coñecer se aínda existe un tabú coa regra

Compostos tóxicos nos produtos menstruais? Isto é o que sabemos

Un individuo pode utilizar máis de 10.000 artículos de hixiene íntima durante a súa vida e a presenza de algúns plastificantes nestes poden supoñer certos riscos

Estes son os alimentos que debes tomar cando che doe a regra

As comidas ricas en ferro, Omega-3 e Vitamina D e E poden axudar a reducir a inflamación e mellorar o benestar durante a menstruación