Santiago abre unha unidade de investigación en cancro coa farmacéutica Roche

O Hospital Gil Casares, incluido no Complexo Hopitalario Universitario de Santiago (CHUS), inaugurou unha unidade mixta de investigación oncolóxica de precisión, na que colaborarán coa compañía farmacéutica Roche Pharma en varias liñas científicas.

A apertura desta unidade de investigación creará sete postos de traballo e contará con 30 persoas involucradas. O obxectivo é impulsar a investigación traslacional, é dicir, o traslado á aplicación médica do desenvolvemento de fármacos, e xerar novas sinerxias no sector biomédico de Galicia. Ademais, aspira a converterse nun referente en España no desenvolvemento de proxectos investigadores dirixidos a conseguir un medicamento oncolóxico personalizado, segundo manifestou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo.

Publicidade

Annarita Gabriele (Roche): ‘Incorporaremos novas técnicas de xenética molecular’

Annarita Gabriele, de Roche Pharma, destacou que a compañía aposta por “incorporar novas técnicas de bioloxía e xenética molecular que están a acelerar a identificación de proteínas clave para o tratamento do cancro“. Concretamente, como explicou, o traballo desenvolverase en tres obxectivos específicos: o desenvolvemento de estratexias innovadoras para o estudo da biopsia líquida en pacientes con cancro de mama e próstata; estudos moleculares relacionados coa metástase; e a creación de novas ferramentas de diagnóstico baseadas en nanotecnoloxía.

É a primeira colaboración deste tipo á que se suma Roche a nivel mundial e é pioneira en España. Feijóo asegurou que no ámbito da ‘cooperación público-empresarial’, Galicia xa conta 19 unidades mixtas de investigación nun ano, que segundo os datos que di manexar, xeraron 70 millóns de euros en investimentos e 270 postos de traballo.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:06:28

Un microscopio feito a medida para estudar nanopartículas individuais

Investigadores do CINBIO incorporan un equipo hiperespectral de campo escuro sen equivalente comercial, capaz de medir moléculas que ata agora só se podían analizar en conxunto

Un estudo galego revela que os lumes favorecen ás aves máis afectadas polo abandono rural

A USC e o CSIC investigan a Serra do Xurés e analizan a recuperación desigual segundo o hábitat, cunha maior vulnerabilidade das especies forestais

O outono comeza este mércores ás 2.05 horas despois dun verán de temperaturas récord

A terceira estación do ano vaise estender ata o 21 de decembro ás 21.50 horas

Extraer ADN de amorodos ou resolver unha ‘escape room’ climática: así será a sexta edición da G-Night

A Noite Galega das Persoas Investigadoras terá lugar o 25 de setembro de xeito simultáneo nas sete cidades galegas