De onde viñeron os teus elementos?

Créditos da imaxe: Cmglee (traballo propio) CC BY-SA 3.0 ou GFDL, via Wikimedia Commons
Créditos da imaxe: Cmglee (traballo propio) CC BY-SA 3.0 ou GFDL, via Wikimedia Commons

Explicación: o hidróxeno do teu corpo, presente en todas as moléculas de auga, procede do Big Bang. Non hai fontes destacadas de hidróxeno no Universo. O carbono do teu corpo creouse por fusión nuclear no interior de estrelas, ao igual que o osíxeno. Gran parte do ferro do teu corpo formouse durante supernovas de estrelas que aconteceron hai moito tempo e moi lonxe. O ouro das túas xoias probablemente se fabricou en estrelas de neutróns durante colisións que as fixeron visibles como estoupidos de raios gama de corta duración. Os elementos coma o fósforo mailo cobre están presentes nos nosos corpos só en cantidades pequenas pero son esenciais para o funcionamento de toda a vida coñecida. A táboa periódica dos elementos publicada está codificada en cor para indicar a mellor suposición da humanidade sobre a orixe nuclear de todos os elementos coñecidos. Os lugares de creación nuclear dalgúns elementos, como o cobre, non se coñecen realmente moi ben e seguen sendo materia de investigación observacional e computacional.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Metano, metanol e amoníaco: a mellor receita para un transporte marítimo máis limpo

O investigador José Miguel Mahía da UDC publica un estudo que busca alternativas sostibles aos modelos baseados en combustibles fósiles

A UVigo acollerá unha planta piloto para a análise da combustión de hidróxeno

A investigación do Grupo de Tecnoloxías Enerxéticas busca obter solucións sustentables e alternativas fronte aos combustibles fósiles

O James Webb detecta a galaxia ‘morta’ máis antiga coñecida

Un equipo internacional de astrónomos, con participación española, observou que a formación estelar non formaba novas estrelas 700 millóns de anos despois do Big Bang

Descubertos seis exoplanetas que ‘bailan’ de forma sincronizada arredor da súa estrela

Os planetas posúen unha configuración que apenas cambiou desde hai máis de mil millóns de anos