Santiago cae no ránking GreenMetric de universidades e medio ambiente

A Universidade de Santiago experimentou unha forte caída no ránking GreenMetric que mide o compromiso das institucións académicas co medio ambiente. Aínda que a USC destaca o feito de quedar en medio da táboa (posto 210 sobre 407 universidades) a realidade é un forte descenso con respecto a 2015, cando quedou no posto 149 do mundo. Nun só ano, Santiago tamén tivo unha enorme baixa no panorama de España, pasando do posto 9 ao 14 nun prazo de doce meses.

Concibido como a “primeira e única clasificación que mide o compromiso de cada universidade participante no desenvolvemento dunha infraestrutura amigable co medio ambiente”, o UI GreenMetric Ranking of World Universities 2015 sinala a USC como a 210 do mundo e no posto 14 de entre as 22 españolas presentes. En total, esta clasificación mide o compromiso medioambiental de 407 universidades de 65 países.

Publicidade

Pegada de carbono e uso da enerxía penalizan a Santiago, que é valorada en reciclaxe

Este ano, á metodoloxía para avaliar cada Universidade engadiuse a pegada de Carbono, elemento que complementa a información procedente dos seis criterios de análise, entre os que o de maior valor é o relativo á xestión do uso da enerxía e cambio climático (21% da nota final), seguido polas actividades de tratamento e reciclaxe de residuos (18%), políticas de transporte e emisións á atmosfera (18%), presenza da cuestión ambiental na actividade docente (18%), estatísticas sobre axustes e infraestruturas (15% da nota total) e utilización da auga (10 % ).

Dos seis criterios sometidos a análise, a Universidade de Santiago obtén os seus mellores resultados en tratamento de residuos, no posto 110 das 407 universidades, e na introdución do concepto medioambiental no proceso educativo, no posto 123, así como en infraestruturas, 187 de entre as 407. A USC comparte posicións destacadas xunto coas universidades Autónoma de Barcelona, Alcalá, Autónoma de Madrid, Politécnica de Valencia, Oviedo, Jaume I, Barcelona, Zaragoza, Rei Juan Carlos, Valencia, Castela A Mancha, Salamanca e Vic. Non hai outra universidade galega no ránking, quedando fóra Vigo e A Coruña.

O equipo encargado da clasificación selecciona criterios que xeralmente están considerados como de importancia para as universidades no ámbito da sustentabilidade. Así, inclúen información relativa ao tamaño da institución, zona de influencia e emprazamento, para deste xeito ter unha referencia do grao de espazos verdes asociados ás instalacións universitarias. Tamén se presta atención ao consumo eléctrico, sistemas de transporte, uso da auga, tratamento de residuos. Máis alá deste conxunto de indicadores, o ránking pretende “alcanzar unha imaxe sobre cómo cada universidade está respondendo ou facendo fronte á súa sustentabilidade a través de políticas, accións e comunicación”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:00:16

A maioría dos ‘pellets’ xa alcanzaron a costa seis meses despois do accidente do ‘Toconao’

Un equipo de Canarias crea unha simulación da marea de bólas plásticas, que tamén chegaron a outras zonas do norte de España e ao oeste de Francia

Santiago rexistrou máis de 2.300 horas de Sol en 2023, a segunda marca máis alta do século

A chuvia recollida ao longo do ano superou os 2.000 litros por metro cadrado, mentres que a temperatura máxima foron os máis de 36 graos do pasado 8 de agosto

A calidade do aire en Santiago, no límite das recomendacións da OMS segundo un estudo

ConBici presenta os resultados dun proxecto no que colabora a USC e que mediu a calidade do aire en 18 cidades españolas durante dous anos

Velutinas, porco vietnamita, cangrexo vermello… Así chegan a Galicia as especies invasoras

María José Servia, investigadora da UDC, augura novos exemplares “co foco poco posto nos himenópteros: avespas, formigas e abellas”