Portugal, con “seis cadeas de transmisión activas”, suspende grandes eventos no norte

Braga adía a media maratón prevista para o 22 de marzo, e Ponte da Lima cancela as feiras quincenais dos días 16 e 30 deste mes

Con 41 casos confirmados (27 deles na rexión Norte), e 375 sospeitosos, Portugal incrementou este luns as medidas de contención contra o coronavirus en todo o país. O último relatorio da situación, difundido pola Direção Geral da Saúde Pública (DGS) (ver PDF), recoñece “seis cadeas de transmisión activas”, con 67 casos que agardan confirmación das análises de laboratorio e preto de 670 persoas baixo vixilancia das autoridades sanitarias.

No norte do país, as cámaras municipais están tomando xa a decisión de cancelar eventos multitudinarios ao longo deste mes de marzo, seguindo as recomendacións da DGS. Así, eventos con grande afluencia de persoas procedentes de Galicia, como a feira quincenal de Ponte de Lima, non se celebrará os días 16 e 30 de marzo. Tamén se suspendeu a Feira de Artesanato do 22 deste mes, así como todas as actividades culturais no teatro Diogo Bernardes e as outras que sexan organizadas e promovidas polo municipio, así como a limitación das actividades deportivas.

Publicidade

Por que o xabón protexe moito mellor contra os virus

En Braga, a principal cidade setentrional, a cámara suspendeu por “tempo indeterminado” programas deportivos dirixidos a persoas maiores, doentes oncolóxicos e diversidade funcional, entre outros. Do mesmo xeito, quedou adiada para o 6 de setembro a media maratón que se ía celebrar prevista para o 22 de marzo na cidade.

Noutras das principais vilas próximas a Galicia, como Vilanova da Cerveira e Viana do Castelo, quedaron suspensos diversos eventos culturais e deportivos que se ían celebrar nas próximas dúas semanas e pecháronse diversas instalacións públicas.

Publicidade

Estas novas decisións súmanse ás xa anunciadas durante a fin de semana, coa prohibición de visitas a hospitais na rexión Norte e a suspensión das aulas de varias universidades.

Galicia prepárase ante o “cambio de escenario” fronte ao coronavirus

Corentena en Felgueiras e Lousada

As medidas máis estritas estanse tomando nos municipios de Felgueiras e Lousada, moi preto de Guimarães e a pouco máis de 100 quilómetros de Vigo e Ourense, onde se concentran boa parte dos casos e as conseguintes cadeas de transmisión. As dúas cámaras anunciaron decisións “excepcionais”. Así, suspendeuse a actividade nos locais de lecer/culturais e de utilización pública, como ximnasios, piscinas, bibliotecas, cinemas e espazos para eventos”. Ademais, pecháronse os edificios municipais de acceso ao público.

Con todo, os autarcas (alcaldes) dos dous municipios, nunha conferencia de prensa conxunta celebrada este luns, apelaron á “serenidade, colaboración e responsabilidade” dos cidadáns. “Coa colaboración de todos, imos conseguir que a normalidade volva imperar”, apuntan desde a Cámara de Lousada.

Do mesmo xeito, no municipio de Ílhavo, preto de Aveiro, a Cámara Municipal pediu aos asistentes a varias actividades culturais que tiveron lugar os días 6 e 7 de marzo que contactaran cos servizos rexionais de saúde despois de recibir a información da presenza nestes actos dunha persoa afectada polo Covid-19.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Que é a variante Frankestein? Síntomas e cando chegará a Galicia

"Non é unha ameaza", asegura a inmunóloga África González, que considera que o nome non está vinculado coa aparición de casos máis graves

A covid pode provocar placas semellantes ás do alzhéimer nos ollos

Os estudos relacionan a néboa mental tras o coronavirus e a acumulación de beta amiloides no sistema nervioso central

Madrid, Portugal e EEUU: esta é a procedencia das distintas variantes da covid en Galicia

O grupo de Filoxenómica do CINBIO, pertencente ao consorcio EPICOVIGAL, amosa nun artigo científico a orixe e introdución de alfa, delta e ómicron na comunidade galega

Gripe aviaria, mpox, chikungunya… Cal será a próxima pandemia?

O epidemiológo Juan Gestal analiza as posibles ameazas para a saúde pública cinco anos despois do estoupido da covid