Xoves 25 Abril 2024

O Norte de Portugal prohibe as visitas aos hospitais

O Goberno luso anuncia serias restricións na rexión norte do país, que inclúe o peche dalgunhas escolas e facultades universitarias

O Norte de Portugal, con 23 casos confirmados de infeccion por coronavirus toma medidas restritivas como a prohibición das visitas aos hospitais, cárceres e residencias da terceira idade. Ademais, foron establecidos hospitais de campaña en Porto e Lisboa. E as autoridades decidiron o peche de varias escolas, ademais de varias facultades da Universidade do Minho.

Houbo unha “evolución rápida” do número de infectados polo covid-19, manifestou a ministra da Saúde, Marta Temido, para anunciar as novas medidas de contención. A gobernante anunciou novas decisións para conter a propagación da doenza, dirixidas sobre todo ao Norte do país. Na rexión localízanse 23 dos 30 casos confirmados.

Publicidade

O Instituto de Ciencias Biomédicas Abel Salazar e a Facultade de Farmacia, ambos pertencentes á Universidade do Porto, quedan pechados sine die. Ademais, tamén pecharán varios edificios do campus de Gualtar da Universidade do Minho, en Braga. Nestas institucións de ensino houbo alumnos ou profesores diagnosticados con coronavirus nas últimas horas, o que determinou esta actuación para evitar a propagación da doenza.

O Goberno decidiu tamén suspender as visitas en todos os hospitais, residencias de anciáns e prisións da área da Administración Rexional de Saúde do Norte. Dous centros hospitalarios doutras rexións, o Hospital do Espírito Santo, de Évora, e o Centro hospitalario de Leiría anunciaron tamén restricións ás visitas.

Durante este sábado foron confirmados oito novos casos de infección co coronavirus en Portugal. Todos eles están identificados pola cadea de transmisión e catro deles teñen orixe no estranxeiro. O maior cluster foi orixinado por un único doente, que contaxiou nove persoas. Ese único infectado está na orixe de preto de 200 dos 412 casos que están baixo vixilancia polas autoridades lusas de saúde nestes momentos, a espera de datos. Outro doente infectou cinco persoas. Hai aínda 47 casos que agardan un resultado dos laboratorios. Todo isto fai que Portugal espere un forte incremento de casos nas vindeiras horas.

O Hospital de S. João, no Porto, anunciou este domingo a montaxe dun hospital de campaña xunto ao servizo de urxencia. O sábado foi montado tamén un hospital de campaña fronte ao Hospital de Santa María, en Lisboa, para recibir eventuais casos sospeitosos de infección.

Máis de dous terzos dos casos confirmados de infección polo novo coronavírus concéntranse na rexión Norte o que levou ao Goberno e as autoridades de saúde a impor estas medidas restritivas na rexión. A suspensión das visitas en hospitais, centros de anciáns e prisións esténdese do Porto a Bragança, en toda a fronteira con Galicia.

Nos concellos de Felgueiras e Lousada, ao sur de Guimarães, pecháronse de forma preventiva as escolas, e recomendouse á poboación non realizar desprazamentos ineccesarios nin participar en reunións con elevado número de persoas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Detectado o virus de Crimea-Congo en carrachas do Bierzo: “Probablemente xa estea en Galicia”

Os expertos advirten que a enfermidade hemorráxica parece estar propagándose polo noroeste peninsular e urxen medidas para freala

O festival científico CinVigo encheu a Porta do Sol de ciencia e ilusión

Participaron máis de 220 alumnos de Secundaria, Bacharelato e FP que presentaron 58 proxectos na feira celebrada na cidade olívica

Os Prismas convocan unha categoría sobre océanos polo 25 aniversario do Aquarium

Os traballos deben presentarse antes do 3 de xuño. Os galardóns están impulsados polo Concello da Coruña e os Museos Científicos Coruñeses

Volven as Líridas: como ver esta chuvia de estrelas dende Galicia

O fenómeno astronómico, que se poderá ver ata o xoves 25 de abril, será pouco visible a causa da lúa chea