Os centros do CSIC en Galicia ofrecen a súa axuda á crise

A Misión Biolóxica de Galicia, O Instituto de Investigacións Mariñas e o Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas dispoñen de equipos e persoal para colaborar

Coa declaración do estado de alarma e a preparación ante a posible chegada dunha fase aguda da crise, a ciencia en Galicia mobilizouse para botar unha man. Ademais do inxente traballo desenvolvido polos científicos do sistema sanitario, universidades, centros de investigación e empresas puxéronse a disposición das autoridades para axudar. Dos cinco centros dos que dispón o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) en Galicia, tres deles, enfocados á investigación en ciencias da vida, ofreceron recursos e persoal en caso de ser preciso. Falan os seus tres directores; Elena Cartea, da Misión Biolóxica de Galicia, Francisco Saborido, do Instituto de Investigacións Mariñas, e Concepción Sánchez, do Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas.

– Que capacidade ten o centro para incorporarse á realización de probas PCR?

Elena Cartea, da Misión Biolóxica de Galicia

Publicidade

Na MBG temos 6 equipos PCR e unha listaxe de 18 persoas (entre técnicos e investigadores) con capacidade e experiencia para facer as análises. As especificacións dos equipos puxémolas a disposición do Sergas o 23 de marzo. Ademais, enviámoslles diverso material sanitario, como equipos de protección individual ( EPIs).

Francisco Saborido, do Instituto de Investigacións Mariñas

Publicidade

No IIM temos 7 equipos PCR e 30 persoas (entre técnicos e investigadores) con capacidade para facer as análises. Ademais temos dous robots de extracción de ARN actualmente cedidos ao Hospital Provincial de Pontevedra, a través da Xefatura Territorial de Sanidade de Pontevedra.

Concepción Sánchez, do Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas

No   IIAG temos un equipo de qPCR e 6 de PCR. Enviouse unha listaxe de 7 persoas voluntarias con capacidade de facer estas probas.

Houbo contactos para incorporarse á rede de realización de probas?

Elena Cartea, da Misión Biolóxica de Galicia

Contactamos coa Xunta a través da Xefatura Territorial de Sanidade de Pontevedra. A listaxe do persoal con experiencia nestas análises PCR enviouse directamente ao CSIC hai unhas semanas.

Francisco Saborido, do Instituto de Investigacións Mariñas

O Ministerio de Ciencia e Innovación contactou connosco para formar parte deste plan. O  IIM forma parte do mesmo, e está á espera de recibir os protocolos adecuados e homologados, tanto de manipulación,  inactivación como diagnóstico. Fai tres semanas o Hospital Provincial de Pontevedra solicitounos realizar diagnósticos no IIM, pero non foi posible debido á falta de protocolos e á dispoñibilidade de kits de extracción e diagnóstico. Finalmente o Hospital puido resolver o seu colo de botella e non foi necesaria dita colaboración.

Concepción Sánchez, do Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas

Desde o  IIAG contactamos cos servizos de analítica do CHUS (Hospital de Santiago) a principios da pandemia, ofertando os equipos de PCR e outro material funxible. Agradeceron a oferta e quedaron en que se fose necesario contactarían connosco.  A listaxe do persoal con experiencia nestas análises  PCR tamén se enviou ao CSIC.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Nace unha app de ciencia cidadá para o seguimento da agresiva alga asiática presente en Galicia

A ferramenta deseñada polo CSIC busca mellorar o coñecemento dunha especie invasora que apareceu nas costas galegas en 2024

O CSIC liderará a recuperación e musealización das singulares salinas romanas do Aguncheiro

A intervención permitirá escavar 300 metros cadrados, consolidar as estruturas e abrir o singular complexo da época imperial ás visitas

Noites que matan: cando a calor non dá tregua aínda que caia o sol

En noites de exceso de calor extrema, o risco de morrer aumenta un 2,6% respecto ás noites sen tensión térmica. Por Dominic Royé

É seguro conservar o peixe en envases de plástico? Isto di un novo estudo

Un estudo do CSIC detecta a migración de compostos químicos cara ao produto almacenado en frío. Por Ethel Eljarrat e Maria Vittoria Barbieri