Baixan a 367 as mortes por coronavirus en 24 horas en España

Xa son 22.524 os falecidos desde o inicio da crise sanitaria

A cifra de mortos diarios con coronavirus baixa en España. O Ministerio de Sanidade informa de 367 novas vítimas mortais en España en 24 horas, o que supón un descenso no número de falecementos respecto ao dato do xoves, cando se rexistraron 440. Xa son 22.524 os falecidos desde o inicio da crise sanitaria. A tendencia de falecementos é claramente de estabilidade e apunta á baixa na última semana en España.

Máis de 191.000 persoas morreron e 2,7 millóns contaxiáronse de coronavirus no mundo, segundo a Universidade Johns Hopkins.

Publicidade

A pandemia de coronavirus sumou en Rusia 5.849 casos novos, o que eleva o balance a máis de 68.600 persoas contaxiadas e un total de 615 vítimas mortais, segundo informou o centro ruso responsable da loita contra o virus.

Alemaña rexistra este venres un total de 150.383 positivos, segundo os datos que publica o Instituto Robert Koch. Iso supón un incremento de 2.337 persoas nas últimas 24 horas. O número de mortos pola epidemia suma xa 5.321 no país, un total de 227 máis que o día anterior.

Publicidade

Curva de casos acumulados en España. Fonte: Ministerio de Sanidade.

Corea do Sur non rexistra ningunha morte por coronavirus por primeira vez nun mes. O Centro para o Control e a Prevención de Enfermidades (KCDC, polas súas siglas en inglés) comunicou este venres que non se rexistrou ningunha morte por coronavirus nas últimas 24 horas. A cifra de vítimas mortais pola covid-19 no país asiático mantense en 240.

O novo coronavirus deixou preto de 50.000 mortes nos Estados Unidos, logo de que se rexistrasen 3.176 decesos adicionais nunha das xornadas máis letais desde o xurdimento da epidemia, segundo o cálculo da Universidade Johns Hopkins. As mortes rexistradas nas últimas 24 horas  elevan o balance a 49.759. Nese mesmo período, houbo 26.971 novos casos de coronavirus rexistrados no país, levando o total a 866.646 enfermos identificados desde o principio da epidemia. Debido á falta de probas de detección, o número de casos reais é probablemente moi superior a esa cifra.

A área da Coruña-Cee rexistra en dous días 133 casos máis de Covid-19

Brasil rexistrou este xoves 407 persoas falecidas por coronavirus, o que supón un récord e o dobre da cifra diaria máis alta contabilizada ata o de agora, que eran os 217 mortos o xoves da semana pasada. O país máis poboado de América Latina suma así 3.313 vítimas mortais.

México superou os 1.000 falecidos por Covid-19 e rexistrou pouco máis de 11.000 casos confirmados da enfermidade. O país rexistrou 99 mortes pola enfermidade nas últimas 24 horas para alcanzar un total acumulado de 1.069 falecementos e 11.633 casos confirmados.

En Italia houbo 464 mortes nas últimas 24 horas. Rexistráronse 2.646 novas infeccións, unha cifra en descenso. O total desde que se detectou o brote, o 21 de febreiro, sitúase en 189.973 casos.

Casos de Covid-19 por CCAA. Fonte: Ministerio de Sanidade.

Aquí podes consultar os últimos datos do Ministerio de Sanidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O Ministerio de Sanidade amplía o cribado do cancro de mama entre os 45 e 74 anos

As autoridades europeas, os datos achegados polas comunidades e a evidencia científica avalan a extensión das probas a novas franxas de idade

Memorias dunha pandemia

Como sobrevivir á histeria colectiva ante un gromo de hantavirus. Por Andrea Veiga

O epidemiólogo Juan Gestal: “Non vai ser a próxima pandemia”

O experto explica que o perigo para a poboación global é baixo e que a resposta das autoridades debe centrarse na investigación da orixe do gromo

Incógnitas sobre o hantavirus: as dúbidas ante a posible chegada do cruceiro afectado ás Canarias

O 'MV Hondius' podería afrontar 15 días de illamento en España con traslado dos casos con síntomas compatibles coa enfermidade