A OMS podería declarar canceríxeno o edulcorante máis usado no mundo, o aspartamo

Os expertos do organismo internacional poderían establecer límites ao uso desta substancia presente en bebidas e lambetadas

O aspartamo atópase en todas as bebidas “lights”, doces e outros produtos alimentarios con edulcorantes artificiais. A Organización Mundial da Saúde (OMS) xa apuntara que este tipo de substancias non son beneficiosas para a saúde, de feito, teñen un impacto negativo se se consumen con asiduidade. Aínda que son presentados como alimentos baixos en calorías, non fomentan a perda de peso. Agora, a OMS podería declarar o aspartamo como canceríxeno a mediados de xullo. A Axencia Internacional de Investigacións sobre o Cancro (IARC, polas súas siglas en inglés) estudará o potencial canceríxeno esta substancia, e segundo a axencia Reuters, nos próximos días esta alerta farase efectiva.

Ademais do informe do IARC, o Comité de Expertos en Aditivos Alimentarios xestionado pola OMS e pola Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO), presentarán tamén un estudo onde se revisarán as recomendacións de consumo diario en función das conclusións do IARC. En maio, a OMS emitiu un comunicado onde suxería non empregar edulcorantes non nutritivos e sen calorías para o control de peso.

Publicidade

Desaconsellou a súa inxesta e sinalou que de maneira xeral, a poboación debe reducir o doce da súa dieta dende idades temperás para ter mellor saúde. A maiores do aspartamo, o organismo incluíu a sacaraina, o acesulfamo k, o advantame, o ciclamatos, o neotame, a sucralosa, a stevia e os seus derivados.

O aspartamo debe aparecer na lista de ingredientes dos produtos, indicando o seu nome ou E 951

Dende 1981, o comité de expertos afirma que o consumo de aspartamo é seguro dentro duns límites diarios aceptables. Na UE, o aspartamo autorizouse por primeira vez durante os anos oitenta e se popularizou en 1994, despois de ser avaliado polo Comité científico da Alimentación, o antigo comité científico europeo. Un adulto de 60 quilogramos de peso tería que beber entre 12 e 36 latas de refresco para que a súa inxesta fose perigosa para a saúde. O aspartamo debe aparecer na lista de ingredientes dos produtos, indicando o seu nome ou E 951.

Publicidade

Segundo Reuters, o comité da OMS comenzou as súas reunións no mes de xuño e está previsto que as súas conclusións se comuniquen o 14 de xullo. O vocal da Xunta Directiva da Sociedade Española de Nutrición e o profesor na Universidade Complutense de Madrid, Rafael Urrialde de Andrés, explica que haberá que esperar á valoración do organismo internacional; se prohíben o aspartamo ou se manteñen a autorización e baixo que condicións, “se se segue coa mesma inxesta diaria admisible ou se disminúe e ata que punto”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia prevé acabar coa hepatite C en 2026, catro anos antes da meta establecida pola OMS

O cribado galego implantado en xullo de 2023 permitiu a detección de 372 casos de infección activa e a realización de máis de 280.000 probas

Beber alcohol provoca cancro, e un consumo moderado tampouco é saudable

A OMS e outros organismos tratan de impulsar a etiquetaxe de bebidas alcohólicas coa advertencia do seu risco canceríxeno, probado dende hai décadas

Esta é a cantidade de exercicio que debes facer para vivir máis e mellor

A OMS aconsella combinar diferentes actividades, como nadar, levantar pesas ou realizar ioga, para obter unha saúde óptima

Cinco consecuencias para a saúde pública da retirada de Estados Unidos da OMS

A retirada do país americano do organismo mundial implicará unha menor capacidade de enfrontar desafíos como pandemias ou a gripe A