O Sergas constata un descenso do 88,4% da positividade nas persoas inmunizadas

A consellería de Sanidade desenvolveu un estudo no que se incluíron 936.425 probas diagnósticas e 349.848 doses das vacinas contra a Covid-19

A consellería de Sanidade da Xunta de Galicia informou este martes dos resultados dun estudo sobre a efectividade e o impacto da vacina fronte á Covid-19, no que se constata que nas persoas cunha única dose, o descenso da taxa de positividade foi do 47,2%. A cifra case se duplica no caso das persoas que recibiron a pauta completa, nas que se observou un descenso global do 88,4%.

Os datos comezaron a recollerse desde o 27 de decembro, data na que se iniciou o proceso de vacinación, a persoas que non tiveran ningunha proba diagnóstica positiva. As conclusións expostas este martes esténdense ata o día 17 de marzo de 2021. Para elas recolléronse 936.425 resultados de probas diagnósticas, 349.848 doses vacinais (11.194 de Moderna, 73.666 de AstraZeneca e 264.988 de Pfizer). Delas, 250.226 persoas recibiran polo menos a primeira dose e 99.622 persoas a pauta completa.

Publicidade

Case o 25% dos galegos ten, polo menos, a primeira dose da vacina contra a Covid-19

Segundo destaca Sanidade, “a obtención de datos da efectividade do proceso de vacinación resulta esencial para establecer as estratexias do control global da enfermidade e realizar axustes das políticas de vacinación”. Así, tendo en conta esta información, “a Xunta de Galicia estima conveniente seguir co intervalo actual de vacinación aos maiores de 70 anos“, nos que se está a centrar o esforzo da inmunización nas últimas semanas.

No comezo desta semana agárdase superar o 25% da poboación con, polo menos, unha dose, e achegarse ao 10% dos habitantes coa pauta completa. Ademais da inmunización practicamente finalizada nas residencias de persoas maiores, o grupo de máis de 80 anos recibiu a primeira dose en máis do 95% do censo, mentres que a porcentaxe inmunizada xa supera o 55%. Este grupo de idade, que en Galicia supón máis de 234.000 persoas e representa un 80% dos falecementos por mor da Covid-19 en Galicia desde o comezo da pandemia, é obxectivo prioritario de inmunización. A súa protección provocou xa que a mortalidade se reducise, afectando nas últimas semanas en maior proporción ao grupo de menores de 80.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O próximo salto do IGFAE: un centro renovado para abordar os grandes retos da física

As súas instalacións, inauguradas en xuño, contan cun espazo de 5.200 cadrados, cunha maior superficie destinada a laboratorios punteiros

O mapa actualizado do radon revela que o 91% dos concellos galegos rexistran niveis elevados do gas canceríxeno

Só tres municipios están libres do elemento radioactivo que pode provocar enfermidades respiratorias como o cancro de pulmón

Cal é o nome máis común no teu concello? Compróbao neste mapa

Manuel e María son os máis frecuentes no conxunto de Galicia e nas catro provincias, seguidos de José e María del Carmen

Investigadores galegos revelan como o ADN conta a historia da supervivencia das especies

As ferramentas usadas no estudo permiten estimar os tamaños das poboacións de forma máis precisa para determinar o seu nivel de risco