Martes 19 Marzo 2024

O ensaio mundial da OMS non atopa fármacos efectivos para pacientes de Covid-19

O proxecto Solidarity, con máis de 12.000 pacientes dunha trintena de países, no atopa melloras no remdesivir, hidroxicloroquina, lopinavir ou interferón

Nas primeiras semanas da pandemia da Covid-19 no mundo, despois de que o problema se espallara desde o foco inicial de Wuhan, a Organización Mundial da Saúde (OMS) puxo en marcha Solidarity, o ensaio clínico que procurou nestes meses tratamentos efectivos contra a infección do coronavirus SARS-CoV-2, a través da participación de máis de 12.000 pacientes de 500 hospitais en máis de 30 países de varios continentes.

O ensaio centrouse no uso de varios fármacos, como o remdesivir, a hidroxicloroquina, o lopinavir/ritonavir e interferón, para comprobar o seu efecto na redución da mortalidade, a necesidade de ventilación mecánica ou a duración das estadías hospitalarias dos pacientes. Mais por agora, segundo os resultados provisionais do estudo, subidos ao repositiorio MedRxiv, e á espera da revisión para ser difundidos nunha revista científica, estes fármacos teñen “pouco ou ningún” efecto na evolución dos pacientes tratados, segundo anunciou a OMS nos últimos días.

Publicidade

Ata o momento, e como amosa o ensaio, só a dexametasona e outros corticoides amosaron algún efecto significativo e positivo nalgúns pacientes. Para continuar mellorando a resposta á pandemia, a OMS apuntou nun comunicado que seguirá á procura de novos fármacos antivirais, inmunomoduladores ou anticorpos monoclonais para avaliar o seu efecto na infección. “O progreso acadado con Solidarity amosa que os grandes ensaios internacionais son posibles, mesmo durante unha pandemia, e ofrecen a promesa dunha resposta rápida e segura fronte a problemas de saúde pública”, expuxo a OMS.

Durante estes meses, e no marco de amplos debates causados por fármacos como a hidroxicloriquina, o ensaio seguiu adiante. A OMS chegou a suspender os ensaios coa hidroxicloroquina e o lopinavir/ritonavir en xuño, despois de que mostrasen resultaron ineficaces, pero a plataforma mundial Solidarity poderá avaliar novas opcións de tratamento prometedoras, con case 500 hospitais como centros de ensaio, sinala a organización.

Os resultados tamén xeraron movementos na industria farmacéutica. É o caso da empresa Gilead, que este mes publicou resultados cos que sostiñan que o remdesivir reduciu o tempo de recuperación da Covid-19 en cinco días en comparación cos pacientes que recibiron placebo nun estudo con 1.062 pacientes, que foron publicados en New England Journal of Medicine. “Os resultados preliminares da OMS parecen inconsistentes”, comentou a farmacéutica a Reuters. “Hai moita máis evidencia robusta procedente de múltiples ensaios randomizados e de control que valida o beneficio clínico de remdesivir”.

Un portavoz da compañía manifestou á axencia de noticias que lles “preocupa enormemente que os datos deste ensaio global non se someteron a unha revisión rigorosa, máis tendo en conta as limitacións do seu deseño”. A OMS abstívose de facer unha recomendación sobre a forma en que os países deberían proceder co remdesivir e sinalou que a orientación chegaría en dúas ou tres semanas, tras o exame exhaustivo dos datos de Solidarity. Alén disto, a Unión Europea acaba de acordar pagar máis de 1.000 millóns de euros a Gilead por unha subministración de seis meses de remdesivir, como tamén informou Reuters.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Por que están aumentando os casos de covid en Galicia? Estas son as claves

Un maior movemento da poboación no verán, a caída da inmunidade e a aparición de novas liñaxes de ómicron poden ser os desencadeantes

Nova variante covid? Estes son os motivos polos que están aumentando os casos en España

O cambio de costumes durante o verán e a relaxación das medidas preventivas explicarían o incremento de contaxios

Sonia Villapol: “En Galicia estímase que 75.000 persoas teñen covid persistente”

A neurocientífica galega acaba de publicar un libro no que reflexiona sobre as leccións aprendidas durante a pandemia

Un equipo galego deseña un sistema para detectar o ARN do coronavirus

Tamén presentou avances en novas ferramentas de Intelixencia Artificial (IA) capaces de acelerar o desenvolvemento de fármacos