Alerta laranxa en Galicia pola chegada da borrasca Bárbara

Haberá fenómenos costeiros e fortes choivas a partir da tarde do luns todo o día do martes

Alerta laranxa na costa occidental de Galicia e amarela por fortes choivas na entrada da borrasca Bárbara, que azoutará o país este luns e martes, avanzando dende o litoral atlántico cara ao interior.

A Axencia Estatal de Meteoroloxía ( Aemet) avanzou que a fronte atlántica xa se deixará sentir nas primeiras horas do luns na costa, aínda que a situación será máis complicada a partir da tarde, para pasar o martes a denominación xa oficial como borrasca Bárbara.

Publicidade

Galicia quedará en alerta laranxa por fortes precipitacións e refachos especialmente intensos no litoral de Pontevedra e na Costa da Morte. Mentres tanto, o resto da costa e case todo o territorio da Comunidade galega permanecerán en aviso amarelo.

Segundo a predición de Meteogalicia, espérase unha xornada que comezará con ceos nubrados que a partir do mediodía deixarán choivas intensas que se estenderán de oeste a leste por toda a comunidade. Espéranse acumulacións de máis de 40 litros por metro cadrado en 12 horas a partir do mediodía nas provincias da Coruña e Pontevedra, ademais de na montaña ourensá.

Publicidade

A Aemet lembra que, nestes momentos, no Atlántico oriental, ao oeste da Península Ibérica, formouse unha ampla zona de baixas presións que probablemente se manterá ata o vindeiro xoves. A borrasca Bárbara cruzará o oeste peninsular entre o mediodía do martes e a madrugada do mércores, deixará choivas abundantes e intensas que alcanzarán a case toda a Península, aínda que en maior medida produciranse na metade occidental e zonas de montaña expostas aos ventos de compoñente sur. A Aemet cre que a fronte se afastará cara a Francia e Inglaterra o mércores e que, a partir do venres, diminúa progresivamente.

Avisos amarelos e laranxas previstos para este lunes por Meteogalicia.

Aquí podes consultar o boletín de avisos meteorolóxicos de Meteogalicia

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro