A gripe desapareceu no hemisferio sur: pasará o mesmo no norte?

* Un artigo de

Existe unha seria preocupación sobre como será o solapamento do SARS-CoV-2 con outros patóxenos respiratorios frecuentes nos meses de inverno. Non podemos descartar unha situación de tormenta perfecta na que o coronavirus coincida con outros virus que causan gripe, bronquiolite e pneumonías, responsables de hospitalizacións e mortes en sectores da poboación máis vulnerable.

Publicidade

Suxeriuse que o risco de morte en persoas infectadas por gripe e SARS-CoV-2 de forma simultánea é superior que naquelas que só estaban infectadas polo coronavirus. Sobre todo, en maiores de 70 anos.

Non sabemos que vai pasar, pero podémonos fixar en que ocorreu no hemisferio sur durante xuño, xullo e agosto deste ano, os meses que constitúen a época de gripe nesa parte do planeta.

Publicidade

Os datos son bastante contundentes: a gripe e outras infeccións virales respiratorias practicamente desapareceron do hemisferio sur.

Miremos os datos de admisións ás unidades pediátricas de coidados intensivos en varios países latinoamericanos, de nenos con problemas respiratorios por infeccións por gripe ou virus respiratorio sincitial. Estes demostran que, durante a pandemia da Covid-19, reducíronse entre un 78% e un 92% as admisións ás UCI debidas a estes virus.

En Australia tamén se describiu unha redución superior ao 98% na detección de gripe e doutros virus respiratorios en nenos, a pesar de manter as escolas abertas. Tamén en Nova Zelandia desapareceu a gripe: reduciuse en máis dun 99%.

Comparación da detección do virus respiratorio sincitial (1a) e do virus da gripe (1b) en nenos, na área metropolitana de Australia do Oeste no final do inverno de 2020 (liñas vermellas e azul) e a media dos últimos anos (2012-2019, liña negra).
Comparación da detección do virus respiratorio sincitial (1a) e do virus da gripe (1b) en nenos, na área metropolitana de Australia do Oeste no final do inverno de 2020 (liñas vermellas e azul) e a media dos últimos anos (2012-2019, liña negra).

O mesmo aconteceu en Chile: a diferenza de anos anteriores, durante o inverno de 2020 só detectouse o coronavirus SARS-CoV-2.

 Casos de gripe en 2018, 2019 e 2020. Ministerio de Saúde, Chile Casos de virus respiratorios (gripe, parainfluenza, respiratorio sincitial, adenovirus, neumovirus e SARS- CoV-2) Ministerio de Saúde, Chile.
Casos de gripe en 2018, 2019 e 2020. Ministerio de Saúde, Chile Casos de virus respiratorios (gripe, parainfluenza, respiratorio sincitial, adenovirus, neumovirus e SARS- CoV-2) Ministerio de Saúde, Chile.

Non se poden descartar outras causas, como unha diminución na capacidade diagnóstica ou unha interferencia entre os dous virus. Con todo, moi probablemente as medidas de confinamento, o uso de máscaras, a hixiene e a distancia social, así como a diminución de viaxes e unha campaña de vacinación antigripal máis intensa contribuíron a mitigar a circulación do virus da gripe e a reducir o seu impacto. Tampouco sabemos por que estas medidas puideron afectar a outros virus e, polo contrario, o SARS-CoV-2 segue en aumento. Podería deberse a un papel máis importante dos supercontaxiadores na epidemioloxía do coronavirus?

Non sabemos como se vai a comportar a gripe este inverno no hemisferio norte, pero estes datos son motivo de esperanza e animan a continuar coas medidas de contención. Quizá no futuro haxa que engadir algunhas destas medidas para reducir o impacto da gripe nas poboacións máis vulnerables, ademais da vacinación, a única ferramenta preventiva que temos ata o de agora.


* Ignacio López Goñi é catedrático de Microbioloxía da Universidade de Navarra. A versión orixinal deste artigo foi publicada no blog do autor, microBIO.

Cláusula de divulgación: o autor non recibe salario, nin exerce labores de consultoría, nin posúe accións, nin recibe financiamento de ningunha compañía ou organización que poida obter beneficio deste artigo, e declarou carecer de vínculos relevantes alén do cargo académico citado.

Ignacio López-Goñi
Ignacio López-Goñi
Membro da Sociedade Española de Microbioloxía e Catedrático de Microbioloxía da Universidade de Navarra.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Arranca un ensaio clínico para avaliar a vacina combinada fronte á gripe e a covid en maiores de 65

O proxecto chámase Combogal e agárdase que participen nel 110.000 persoas entre a campaña que xa está en marcha e a da tempada 2027 - 2028

Arden máis os espazos protexidos? Cando os datos non xustifican o relato

Os estudos dispoñibles non demostran que a protección aumente o risco de incendio nin que unha maior intervención sobre a vexetación sexa a resposta

Sanidade rexistra un aumento na incidencia da gripe e a covid

As taxas de dispensación de antigripais e probas de antíxenos aumentaron un 24,5 % e un 88,9 %, respectivamente, en comparación coa semana anterior

Vacinas nasais: unha nova e prometedora vía para frear a transmisión dos virus respiratorios

A modalidade xera unha defensa intensa nas vías respiratorias superiores ao administrarse o aerosol ou as gotas directamente sobre a mucosa do nariz