O CSIC consegue un avance clave para frear a dexeneración neuronal da enfermidade de Huntington

A activación dunha proteína no cerebro pode ser clave para frear o desenvolvemento desta doenza rara con poucas opcións terapéuticas

A enfermidade de Huntington é un trastorno hereditario que provoca unha dexeneración progresiva das neuronas. Está causada por unha mutación nun xen xa presente no nacemento, pero que non comeza a dar síntomas ata que a persona pasa dos 30 anos. Un dano cerebral que trae aparallado un deterioro xeral na saúde do organismo que deriva en neumonías, enfermidades cardiovasculares ou problemas de saúde mental.

Ata o momento, non existen moitas opcións terapéuticas para as persoas que a sofren. Pero un equipo do Centro Superior de Investigacións Científicas conseguiu identificar unha proteína nunha zona concreta do cerebro que pode axudar a frear as consecuencias desta doenza descrita por primeira vez en 1872 polo médico estadounidense George Huntington.

Publicidade

O grupo do CSIC e da Universidade Autónoma de Madrid, liderado por Teresa Iglesias, descubriu que a activación da proteína PKD1 aumenta a resistencia das neuronas a esta enfermidade. Un avance, publicado na revista Cell Death & Disease, que podería abrir novas vías para tratamentos.

O xen HTT

A enfermidade de Huntington está causada por unha mutación do xen HTT, que leva a unha secuencia de repeticións anormalmente alta, o que fai que a proteína huntingtina que produce sexa defectuosa. Unha proteína que, en condicións normais, cumpre con funcións esenciais no desenvolvemento embrionario, pero que causa un deterioro cerebral cando se acumula.

Publicidade

As neuronas comezan a morrer moito antes de que se manifesten os primeiros síntomas da doenza, que non acostuman a aparecer até que o paciente ten entre 30 e 50 anos, aínda que o defecto xenético xa está presente desde o nacemento no estriado, a parte do cerebro que controla movementos voluntarios e funcións congnitivas.

O avance logrado polo CSIC permite ás neuronas protexerse fronte ao estrés oxidativo que se xera como consecuencia da actividade química dentro do cerebro. Unha tensión no cerebro que vira máis perigosa ao ir acompañado do que se coñece como excitoxicidade, unha sobreestimulación das neuronas que termina por danalas.

Activar PKD1

A clave do estudo foi o uso dunha ferramenta molecular que permite activar a proteína PKD1, que se atopa reducida nas neuronas do estriado, facéndoa máis vulnerábel ao dano. As probas feitas en ratóns, as neuronas tratadas resisitían moito mellor o dano causado pola excitocidade.

“A actividade desta proteína-quinasa é clave para a supervivencia neuronal. A súa perda contribúe ao deterioro temprano en Huntington, pero a súa potenciación podería ralentizar a neurodexenración”, sinala Ana Simón, unha das investigadoras do proxecto, aínda en fase experimental pero con potencial para se converter en terapia.


Referencia: Down-regulation of neuroprotective Protein Kinase D in Huntington’s disease (Publicado en Cell Death and Disease).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Noites que matan: cando a calor non dá tregua aínda que caia o sol

En noites de exceso de calor extrema, o risco de morrer aumenta un 2,6% respecto ás noites sen tensión térmica. Por Dominic Royé

É seguro conservar o peixe en envases de plástico? Isto di un novo estudo

Un estudo do CSIC detecta a migración de compostos químicos cara ao produto almacenado en frío. Por Ethel Eljarrat e Maria Vittoria Barbieri

Blanca Landa, experta en covid das plantas: “Adestramos cans que xa detectan vexetais infectados”

A investigadora do CSIC coordina un proxecto europeo para mitigar o impacto de 'Xylella fastidiosa', unha bacteria capaz de afectar máis de 700 especies

Un novo método predí a resistencia aos antibióticos da bacteria ‘Helicobacter pylori’

O estudo do CSIC permite saber con antelación que tratamento será máis eficaz para cada paciente