O cribado auditivo neonatal detectou 418 casos de xordeira en Galicia en dúas décadas

O 62% dos pacientes iniciaron o seu tratamento antes dos seis meses co obxectivo de garantir un desenvolvemento óptimo

O Programa Galego para a Detección da Xordeira en Período Neonatal detectou precozmente 418 casos dende a súa posta en marcha en 2002. Así o explicou a subdirectora xeral de Estilos de Vida Saudable da Consellería de Sanidade, Sagrario Pérez Castellanos, durante a celebración cunha xornada formativa. Dende a posta en marcha do cribado, a Xunta realizou máis de 372.000 probas.

A taxa media de hipoacusia infantil en Galicia é de 1,12 casos por cada mil nenos, unha cifra que en 2023 ascendeu até os 1,85 casos por mil. Neste senso, o 62% das xordeiras bilaterais detectadas iniciaron o seu tratamento antes dos seis meses de idade, tal e como recomenda a evidencia científica para garantir un desenvolvemento óptimo.

Publicidade

A hipoacusia infantil é unha das discapacidades con maior impacto no desenvolvemento da linguaxe e na capacidade de comunicación dos nenos. Así a implantación deste programa de detección temperá realizouse de xeito progresivo ata acadar, en 2012, unha cobertura do 100% dos nacementos en Galicia.

A proba, baseada nos potenciais evocados auditivos automatizados (PEATC-A), permite unha detección fiable antes da alta hospitalaria. Así, Galicia foi pioneira na súa implantación universal, integrando a proba como parte dos coidados neonatais de rutina.

Publicidade

Un compromiso que empeza ao nacer

“O programa é un exemplo de política pública baseada na prevención, na equidade e na evidencia científica”, din fontes da Consellería de Sanidade. A implicación dos profesionais sanitarios, especialmente do persoal de enfermería, é clave para garantir que cada neno ou nena que nace en Galicia teña acceso a unha oportunidade de vida en igualdade de condicións, sexa cal sexa o lugar onde nace.

A Consellería de Sanidade lembra que a xordeira, cando se detecta a tempo, pode tratarse eficazmente, mellorando o desenvolvemento cognitivo, social e emocional dos menores, e evitando atrasos significativos na linguaxe e na comunicación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A galega Gradiant desenvolve un modelo de atención integrada para os pacientes con feridas crónicas

A ferramenta creada polo centro tecnolóxico, en colaboración co IIS Galicia Sur, busca ofrecer unha asistencia máis personalizada, coordinada e eficiente

Vigo impulsa o uso pioneiro da realidade virtual para mellorar a recuperación tras un transplante de médula

O proxecto do IIS Galicia Sur e o Hospital Álvaro Cunqueiro combina exercicio terapéutico e tecnoloxía para combater a deterioración física e emocional

A borrasca subtropical Charles regará Galicia con fortes chuvias durante o mércores

A nova zona de baixas presións tomará o relevo de Bruna e MeteoGalicia establece a alerta amarela en Ourense por precipitacións

“Meu querido e ademirado amigo”: as cinco cartas conservadas de Otero Pedrayo a Cabanillas

O Consello da Cultura Galega publica epístolas que revelan a amizade, complicidade intelectual e momentos vitais compartidos entre as dúas figuras destacadas