Venres 29 Marzo 2024

Innovación sanitaria con raíces na base

Os Nodos de Innovación creados pola Consellería de Sanidade facilitan aos pacientes solucións aportadas polos profesionais do sistema

A innovación en saúde é unha necesidade permanente e Galicia conta xa cun modelo de investigación que facilita o descubrimento e posta en marcha de solucións para problemas que se detectan na nosa rede sanitaria. Pero a innovación moitas veces non nace pola iniciativa dos investigadores senón que son os propios usuarios do sistema os que detectan as necesidades existentes. Por iso é fundamental contar cun sistema que facilite aos que se atopan máis preto dos pacientes que poidan facer as súas achegas. Esa é a base da filosofía dos nodos de innovación que están a funcionar dende hai anos na rede pública galega por iniciativa da Consellería de Sanidade coa colaboración da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde.

Alejandro Ávila

Existe un nodo de innovación en cada unha das sete áreas sanitarias galegas e o seu modo de funcionamento é común. Trátase de analizar as propostas innovadoras que achegan os distintos traballadores do sistema sanitario para axudar a que poidan poñerse en marcha, sempre que se consideren interesantes, e tamén para atopar fórmulas de financiamento no caso de que se trate de propostas xa máis elaboradas.

Publicidade

Alejandro Ávila Álvarez, pediatra e responsable do Nodo de Innovación da área sanitaria de A Coruña e Cee, explica que o profesional sanitario e a figura central desta rede e pode achegar iniciativas que as veces están apenas esbozadas e noutras ocasións xa teñen un desenvolvemento importante. Como exemplo cita o que aconteceu durante a pandemia, cando unha asesora de lactancia achegou a necesidade de seguir formando ás futuras nais a pesares de non poder contar con clases presenciais. Finalmente a solución foi implementar unha plataforma con contidos en vídeo que permite as nais acceder ao sistema descargando un simple código QR.

Ávila explica que unha das bases deste sistema e poñer en marcha proposta escalables que poidan levarse a cabo nas distintas áreas sanitarias e  mesmo noutros sistemas de saúde. “As veces os nodos axudan na propia redacción do proxecto innovador e noutras ocasións hai que axudar a atopar fórmulas de financiamento de proposta xa máis maduras”, sinala Ávila.

Nos nodos de innovación participan persoas de todas as ramas da actividade sanitaria o que permite contar cun grupo multidisciplinar para a avaliación das diversas propostas

Pilar Rodríguez Ledo, subdirectora de Humanización e Calidade da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte e responsable do seu nodo de innovación, apunta que neste tipo de entidades participan persoas de todas as ramas da actividade sanitaria e isto permite reunir a un grupo multidisciplinar para valorar periódicamente as propostas que se achegan.

Unha das cousas que se intentan facer, explica Rodríguez Ledo, é darlle máis difusión as posibilidades de apoio coas que contan os nodos para que os profesionais teñan información previa sobre o que poden atopar se recorren a eles. “Cremos que os nodos son a fórmula axeitada para avanzar en innovación e para que os sanitarios poidan atopar apoio para desenvolver as súas propostas. A innovación ten que formar parte da cultura do sistema e non limitarse a os grupos de investigación. Neste sentido, os nodos contribúen a tirar do sistema cara á innovación” conclúe Rodríguez, quen sinala como principais fortalezas dos nodos a multidisciplinariedade e o feito de incluír tamén a participación dos pacientes.

Pilar Rodríguez Ledo

Entre as iniciativas que se incorporaron dende o Nodo de Innovación da área de Lugo, a súa responsable fai referencia a un proxecto para acelerar a recuperación dos pacientes sometidos a cirurxía, outro en colaboración coa USC para facilitar a aprendizaxe de técnicas aos otorrinos e un terceiro, que xa se está a implementar no HULA de Lugo, e que aposta pola eficiencia enerxética nos hospitais e centros de saúde.

Unha das características fundamentais dos nodos é a aposta pola máxima redución dos procedementos burocráticos e por unha estrutura flexible para facilitar que as innovacións propostas, e que se consideren axeitadas, poidan saír adiante no prazo máis curto posible. Médicos, enfermeiros e xestores poden facer as súas achegas, de feito que se poden cubrir distintas necesidades e se conta con perspectivas diferentes dos problemas que é necesario solucionar.

A Axencia Galega de Coñecemento en Saúde apoia aos nodos a través da Plataforma de Innovación Sanitaria, que trata de captar e avaliar ideas conxuntamente co resto dos nodos, e trasladalas ás distintas unidades do Servizo Galego de Saúde e da Consellería para poñelas na práctica e facer o seguimento das mesmas cando se materialicen en proxectos.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia notifica 10 mortes ao día por consumo de tabaco

A investigadora da USC Julia Rey Brandariz constata na súa tese que a comunidade galega é a duodécima que máis falecementos rexistra por esta substancia

O aire en Europa é o máis seco dos últimos 400 anos

Unha investigación demostra que, desde principios do século XXI, se está a producir un desecamento xeralizado debido á actividade humana

Identificada unha proteína esencial na regulación da obesidade

Un estudo do CSIC descobre que Dido1 ten unha función clave no desenvolvemento do tecido adiposo

Por que algúns pacientes teñen covid persistente e outros non? Este estudo dá na clave

Un equipo do Hospital Universitario de Zúrich busca mellorar a atención aos doentes con novas estratexias de tratamento