Galicia rexistra 10.000 transplantes de órganos dende 1981

A cifra total de persoas doantes falecidas na comunidade galega é de 3.487, mentres que 468 deron un ril en vida

Galicia vén de rexistrar un novo fito para a sanidade pública galega tras acadar 10.000 transplantes de órganos realizados na comunidade desde que se iniciou o programa, en 1981. Neste ano, o Hospital Público da Coruña realizaba a primeira intervención do programa galego de transplante renal. Na actualidade, a comunidade xa contabiliza 5.168 transplantes deste órgano.

Do mesmo xeito, en 1991, Galicia iniciaba o seu programa de transplante de corazón, un ámbito no que xa se está a chegar ao milleiro de intervencións, cun total de 959 transplantes.

Publicidade

Por outra banda, no ano 1994 asentábanse os programas de transplante hepático nas áreas sanitarias de Santiago e Barbanza e na da Coruña e Cee. Neste caso, os dous hospitais de referencia acumulan un total de 2.803 transplantes de fígado realizados ata o de agora.

468 doazóns en vida

No ano 1999 a comunidade galega incorporaba no seu sistema dous novos programas. En concreto, o de transplante pulmonar, que conta con 942 intervencións realizadas desde a súa posta en marcha; e o de páncreas, que nos seus primeiros 25 anos de instauración acumula 128 operacións.

Publicidade

Dende a Xunta lembran que acadar estas cifras “non sería posible sen a xenerosidade das 3.487 persoas doantes falecidas e das súas familias, así como das 468 persoas que doaron o seu ril en vida”, destacan nun comunicado aos medios.

Así, a solidariedade da poboación galega, engadida á colaboración establecida entre o Servizo Galego de Saúde e Oficina de Coordinación Autonómica de Transplantes da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), posibilita que a “comunidade estea a conseguir cifras récord” en transplantes e doazón de órganos.

Nesta liña, o ano 2024 rematou coa mellor cifra histórica neste ámbito ao rexistrar un total de 424 intervencións, un 28% máis que no ano anterior. Galicia pechou o ano anterior coa maior taxa de doantes de órganos por millón de habitantes cun 50,7, desde a creación da Organización Nacional de Transplantes no 1989.

Ademais, a Xunta indica que un total de 193 pacientes estaban á espera de transplante cando rematou o pasado exercicio. Na actualidade, 8 de cada 10 familias din si á doazón en Galicia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía