Xoves 25 Abril 2024

O mapa do coronavirus en Galicia: casos en preto de 100 concellos

(en actualización – 20h)– Os datos oficiais achegados na mañá do xoves polo Sergas, que se corresponden coa noite do mércores 25, segundo o protocolo marcado polo Ministerio de Sanidad, confirman máis de 1.800 persoas afectadas pola doenza Covid-19 en Galicia.

Aínda que a Xunta informa das cifras por cada unha das sete áreas sanitarias, hai confirmación de que existen persoas afectadas en máis de 90 concellos galegos. Boa parte destas persoas (máis de 1.200, preto dun 70%) están pasando a doenza illados nos seus domicilios. É posible, por tanto, que existan casos en máis municipios, aínda que non trascenderan por diversos motivos. GCiencia puido constatar ata agora por diversas fontes (medios de comunicación, consellerías e concellos) a existencia de casos nun mínimo de 94 municipios (o 30%) dos 313 que hai en Galicia.

Publicidade

(Preme sobre cada un dos concellos para ver máis detalles).

Se coñeces información oficial ou datos contrastables ao respecto, podes contactar con GCiencia a través de Facebook, nos comentarios desta nova ou ben no enderezo redaccion@gciencia.com.


Porén, o aumento en números absolutos dos positivos pola doenza está incrementando cada día a ocupación nos hospitais, tanto nas plantas para os casos menos graves como nas UCI, onde xa hai 86 persoas en Galicia, segundo os datos oficiais. En hospitais como o Chuac da Coruña, no que máis falecementos se rexistraron ata agora, xa se están habilitando espazos de reanimación para tratar os casos máis graves de coronavirus. Este martes, Sanidade xa adiantou que posiblemente fagan falta unhas 4.000 camas das 6.200 que teñen os hospitais galegos para atender aos afectados de coronavirus fronte á chegada do pico da pandemia. Preocupa ademais o cento de casos rexistrados en centros de maiores, un grupo de risco polas complicacións que a doenza causa nas persoas anciás.

Na última semana, a porcentaxe de casos confirmados en Galicia que están sendo nos seus domicilios baixou do 78 ao 68%, mentres que as persoas ingresadas en unidades de hospitalización pasaron de representar o 18 ao 25%, e os casos na UCI pasaron do 3,16 ao 4,69%.


Máis información:

Así informa Portugal da epidemia: casos por idade e orixe e máis de 20.000 sospeitas

2 COMENTÁRIOS

  1. En Leirado, Salvaterra, hai 7 infectados, un deles grave.
    Xa o tendes marcado, pero é para que se vexa a pouca información que circula.

  2. En Oímbra teñen un caso confirmado, unha muller. Ela e súa familia están confinados na súa casa.
    Apareceu mínimo na Región e na Voz de Galicia.
    E non o tedes marcado……

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Detectado o virus de Crimea-Congo en carrachas do Bierzo: “Probablemente xa estea en Galicia”

Os expertos advirten que a enfermidade hemorráxica parece estar propagándose polo noroeste peninsular e urxen medidas para freala

O festival científico CinVigo encheu a Porta do Sol de ciencia e ilusión

Participaron máis de 220 alumnos de Secundaria, Bacharelato e FP que presentaron 58 proxectos na feira celebrada na cidade olívica

Os Prismas convocan unha categoría sobre océanos polo 25 aniversario do Aquarium

Os traballos deben presentarse antes do 3 de xuño. Os galardóns están impulsados polo Concello da Coruña e os Museos Científicos Coruñeses

Volven as Líridas: como ver esta chuvia de estrelas dende Galicia

O fenómeno astronómico, que se poderá ver ata o xoves 25 de abril, será pouco visible a causa da lúa chea