Mércores 24 Abril 2024

Os produtos de limpeza poden matar o coronavirus: así se deben usar

Lena Ciric/The Conversation

A enfermidade Covid-19 só existe dende hai uns meses, polo que neste momento os científicos non teñen toda a información sobre ela, pero aprenden máis todos os días.

Publicidade

Agora sabemos, por exemplo, que o coronavirus SARS-Cov-2 pode vivir en superficies durante ata nove días e sobrevivir no aire durante algunhas horas . Tamén sabemos que as partículas de virus se espallan a través da saliva e os fluídos que saen dos pulmóns. É por iso doado para unha persoa infectada propagar as partículas do virus ao toser, tocar a outras persoas ou deixar o virus sobre calquera superficie.

Sen dúbida, lavar as mans despois de estar en espazos públicos é clave para reducir a propagación do coronavirus. Pero, que deberiamos estar a facer nos nosos fogares para eliminalo?

Dous estudos recentes investigaron canto tempo sobreviven os coronavirus en diferentes superficies. A investigación analizou varios virus diferentes, incluído o SARS-CoV-2. E descubriu que os tempos de supervivencia variaban segundo o tipo de superficie. O virus sobreviviu por máis tempo en aceiro inoxidable e plástico, ata por nove días . Os tivo tempos de supervivencia máis curtos dun día para papel e cartón.

Ollo ao contacto indirecto: canto tempo aguanta o virus en distintos materiais?

A cantidade de partículas de virus vaise reducindo co tempo, pero é preocupante que poidan durar días en lugar de horas ou minutos nunha superficie. Daquela, que tan bos son os produtos de limpeza para matar o SARS-Cov-2? Hai algunhas boas novas na listaxe que ofrecemos a continuación:

Xabón e auga

O xabón e a auga son a túa primeira liña de defensa: non matarán ao virus, pero van conseguir eliminalo das superficies. O deterxente do xabón despegará o virus das superficies para que logo poida esvarar coa auga. Deste xeito, estás a eliminar o virus, pero non o estás a matar. Pero, ao eliminar a capa de graxa sperficial da túa pel, os coronavirus caen con ela polo sumidoiro. Sempre debes lavar as mans cando veñas de facer a compra dun supermercado.

Lixivia

O ingrediente activo na lixivia, o hipoclorito de sodio, é moi efectivo para matar o virus. Asegúrate de deixar que a lixivia funcione durante 10-15 minutos sobre a superficie e logo limpa cun pano. A lixivia funciona porque destrúe a proteína e o que se coñece como o ácido ribonucleico (ARN) do virus: esta é a substancia que proporciona o plan para producir máis partículas de virus cando se infecta. Asegúrese de usar a lixivia nas concentracións que se indican na botella.

Alcol

Demostrouse que o etanol mata os coronavirus en tan só 30 segundos. Como a lixivia, o alcol destrúe a proteína e o ARN do que está composto o virus. Hai que humedecer un pano cun pouco de alcol e fregar sobre a superficie. Como se vai evaporar, non necesitarás limpalo.

Toalliñas antisépticas

O ingrediente activo das toalliñas é un antiséptico, xeralmente cloruro de benzalconio. As toalliñas funcionan eliminando fisicamente os xermes a través da presión que se aplica cando se usan. Tamén deixan unha capa de antiséptico na superficie que funciona para matar os xermes. O antiséptico funciona ben tanto en bacterias como en coronavirus, alterando as graxas nas células patóxenas. O problema é que o SARS- CoV-2 non contén moitas graxas. Ata o de agora, non hai evidencia de que estes antisépticos poidan matar os coronavirus humanos.

Desinfectantes de mans

Unha advertencia sobre os desinfectantes para mans: o ingrediente principal que matará ao SARS-CoV-2 é o etanol. Pero a concentración deste alcol no desinfectante é moi importante: ten que ser superior ao 70 por cento ou non matará ao virus de maneira efectiva.

Pero, ademais dos propios produtos de limpeza, algo que podemos facer é ventilar os espazos nos que pasamos tempo regularmente. Unha persoa infectada producirá miles de pequenas pingas que conteñen o virus cada vez que tose. O SARS-CoV-2 pode sobrevivir no aire ata por tres horas . Entón, ao abrir a xanela, podemos eliminar e dispersar as pingas e reducir a cantidade de virus no aire, o que reducirá o risco de infección para outros.

Estamos a vivir en tempos incertos, pero é tranquilizador saber que temos algunhas armas que podemos usar para combater COVID-19 nos nosos fogares.

Como resumo final: segue a lavar as mans, usa desinfectante para mans ao 70 por cento, limpa con lixivia as superficies da túa casa e abre unha xanela para deixar entrar o aire primaveral.

Lena Ciric é profesora asociada de enxeñería ambiental da UCL (London Global University). Aquí podes ler o artigo orixinal en inglés en The Conversation

Lavamos mal as mans: así se controlan os microbios

2 COMENTÁRIOS

  1. TODO PERFECTO Y CONTRASTADO
    VIVA A CIENCIA A FISICA E MC.CUANTICA
    APLAUSO PARA TODOS……ACTORES,TECNICOS,AXUDANTES,DIVULGADORES,ESPECTADORES,MULTIVERSOS,MULTIDIMENSIONS……ETC…

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Por que algúns pacientes teñen covid persistente e outros non? Este estudo dá na clave

Un equipo do Hospital Universitario de Zúrich busca mellorar a atención aos doentes con novas estratexias de tratamento

Ascenden a 57 os falecidos por gripe en Galicia

O último informe do Sergas confirma a tendencia á baixa da incidencia nas catro provincias

Por que aumentan as infeccións respiratorias agudas en España?

Estamos xusto no momento do incremento da curva da gripe que este ano coincidiu co Nadal e o aumento dos contactos sociais

Tes gripe ou covid? Estas son as diferenzas

A inmunóloga África González admite que teñen síntomas moi similares pero que se distinguen polo tempo de incubación e a estacionalidade