Sábado 20 Abril 2024

Lavamos mal as mans: así se controlan os microbios

Por Michelle Sconce, microbióloga, Universidade de Oregon para The Conversation

Para o meu proxecto de feira de ciencias de cuarto grao, probei diferentes xabóns para ver cales eran os máis efectivos para manter as miñas mans limpas. Agora, case 20 anos despois, como microbióloga, non podo evitar pensar: “Uf, cando estaba en cuarto grao xa era unha científica afeccionada!”

Publicidade

O meu experimento careceu de grupos de control obvios e finalmente formulou unha pregunta equivocada. En lugar de preguntar que marca de xabón era a máis “efectiva” e clasificar todas as bacterias como xermes, debería ter investigado como previr o crecemento e a propagación de bacterias concretas ou axentes patóxenos específicos que causan enfermidades.

Esta pregunta é difícil de responder. Non se pode saber a primeira ollada que bacterias que crecen dentro dunha placa de Petri son as “boas” fronte ás que causan enfermidades. E, ademais, algúns microbios patóxenos, como os virus, non se poden detectar dentro das placas de Petri de agar.

Con todo, tentar averiguar como previr a propagación de patóxenos causantes de enfermidades non é só unha pregunta para aspirantes a microbiólogos, senón para todos.

Realmente temos a posibilidade de manter as nosas mans limpas de xermes?

Ante isto, hai dúas estratexias principais.

O primeiro é diminuír a biomasa xeral dos microbios, é dicir, diminuír a cantidade de bacterias, virus e outros tipos de microorganismos. Conseguimos isto facendo escuma con xabón e lavando con auga. A química do xabón axuda a eliminar os microorganismos das nosas mans ao acentuar as propiedades esvaradías de nosa propia pel.

Diversos estudos demostraron que o lavado efectivo con auga e xabón reduce significativamente por exemplo a carga bacteriana dos microorganismos que causan diarrea.

‘Non todos os microbios son malos: algúns son fundamentais para a nosa vida’

A segunda estratexia é matar as bacterias. Facemos isto utilizando produtos cun axente antibacteriano como alcois, cloro, peróxidos, clorhexidina ou triclosán.

Algúns traballos académicos teñen demostrado que os xabóns antibacterianos son máis efectivos para reducir certas bacterias nas mans sucias que os xabóns sen elas.

Con todo, hai un problema. Algunhas células bacterianas nas nosas mans poden ter xenes que lles permiten ser resistentes a un determinado axente antibacteriano. Isto significa que despois de que o axente antibacteriano mata algunhas bacterias, as cepas resistentes que quedan nas mans poden florecer.

Ademais, os xenes que permitiron que as bacterias fosen resistentes poderían pasar a outras bacterias, xerando así cepas máis resistentes. E iso pode ser un problema engadido. Ademais, o uso a longo prazo dalgúns produtos antibacterianos pode danar a súa saúde.

Por exemplo, demostrouse en animais que o axente antibacteriano triclosán, que adoitaba estar en xabóns, pastas dentais e desodorizantes, altera o xeito no que funcionan as hormonas no corpo .

Nos Estados Unidos, a Administración de Drogas e Alimentos prohibiu o uso de produtos antisépticos de lavado de venda libre que conteñan triclosán e moitos outros ingredientes activos antibacterianos.

Con isto en mente, é posible que desexe quedar coa auga e o xabón de toda a vida. E os centros para o control e a prevención de enfermidades recomendan seguir estes pasos:

-mollar as mans con auga limpa.
-Aplicar xabón e escuma, fregando cada recuncho e greta das nosas mans durante 20-30 segundos (aproximadamente o que se tarda en cantar ‘Cumpreanos feliz’ dúas veces).
-Aclarar ben as mans con auga corrente limpa.
-Secar as mans cunha toalla de papel limpa ou secar ao aire.

Sorprendeume ler un estudo que indicaba que o 93,2 por cento nunha enquisa sobre 2.800 persoas aseguraban non lavaban as mans despois de toser ou esbirrar. Ademais, un estudo amosou que nun campus universitario, con observacións de 3.749 persoas, o tempo medio de lavado de mans foi de aproximadamente seis segundos. (Sen contar toda a xente que simplemente non lava as mans habitualmente, mesmo despois de ir ao baño)

Se non hai auga e xabón dispoñibles, recoméndase usar un desinfectante para mans a base de alcol que conteña polo menos 60 por cento de etanol. Os alcois teñen un amplo espectro de actividade antimicrobiana e son menos selectivos para a resistencia en comparación con outros produtos químicos antibacterianos. Con todo, os desinfectantes para mans a base de alcol poden non funcionar en todas as clases de xermes.

Pero non todos os microbios son xermes. A presenza dalgunhas bacterias non é necesariamente algo malo.

No laboratorio onde traballo, o noso enfoque é comprender as complexas interaccións entre os animais anfitrións e as bacterias. Sería neglixente non mencionar que as bacterias que viven dentro de nós son esenciais para a nosa vida como anfitrións, especialmente tendo en conta que algunhas delas teñen un papel para protexernos doutros patóxenos.

Vivimos nun mundo microbiano: billóns de bacterias diferentes colonizan a nosa pel, intestinos e orificios. Colectivamente, chamámolos a nosa ‘microbiota‘.

Unha gran cantidade de investigacións interesantes suxire que as asociacións dos hóspedes animais coa súa microbiota son importantísimas para a bioloxía do hóspede .

A nosa microbiota pode protexernos dos xermes mediante o adestramento do noso sistema inmunolóxico e a resistencia á colonización. Por exemplo, é moi aracterística esta actividade na nosa microbiota intestinal para bloquear a colonización de patóxenos.

Aínda que se necesita facer máis investigación para comprender as intrincadas interaccións entre as comunidades microbianas coas células hóspede, o traballo consistente ilustra que ter unha poboación diversa de microbios, e un equilibrio desta comunidade, é importante para a nosa saúde.

A mala alimentación, a falta de sono, a tensión e o uso de antibióticos poden perturbar negativamente ás nosas comunidades de microbiota, o que á súa vez pode poñernos en risco de contraer enfermidades .

De feito, debe quedar claro que a nosa microbiota participa na prevención se enfermidades, dependendo do estado das comunidades microbianas.

Entón, cal é a mensaxe para levar a casa?

Non hai dúbida de que lavar as mans con auga e xabón é efectivo para reducir a propagación de microorganismos infecciosos, incluídos os que son resistentes aos axentes antimicrobianos.

Cando non teñamos a oportunidade de lavar as mans despois de tocar superficies cuestionables, podemos usar un desinfectante para mans a base de alcol. E debemos limitar o contacto das nosas mans coa boca, nariz e ollos.

Ademais, hai que repetilo: non todos os microbios son malos. Algúns son moi beneficiosos para nós. Así que hai que manter unha microbiota saudable limitando a tensión, durmindo o suficiente e “fertilizando” aos nosos microbios intestinais cunha diversidade de alimentos de orixe vexetal.

3 COMENTÁRIOS

  1. Interesantisimo y clarificador. Eto deberiamos saberlo desde pequeñxs. Yo lo voy a compartir con mi zona de influencia. Muchas gracias.

  2. Confeso que é un artigo escrito con sentidiño. Nunha época na que se matan as moscas a canonazos, a redactora apela ó equilibrio. Recentes descubrimentos, -e algúns non tan recentes-, poñen a énfase na importancia da “microbiota”, outrora chamada flora, que non só abrangue a intestinal e a vaxinal, senón diferentes partes do corpo, no caso que nos atinxe, a pel. Debemos preservar esta relación simbiótica coa nosa “microbiota” alimentándoa ou “fertilizándoa” como di ela, se queremos desfrutar de boa saúde.
    Permítame, unha cousa: o tradutor xogoulle unha mala pasada: “cumpreanos” non hai en galego, sería “aniversario”. E a “falta de soño” sería “falta de sono”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Estes son todos os microbios que agocha un bico

O contacto entre as linguas e o intercambio de saliva parece ser exclusivamente humano e é común en máis do 90% das culturas

Ascenden a 57 os falecidos por gripe en Galicia

O último informe do Sergas confirma a tendencia á baixa da incidencia nas catro provincias

Por que aumentan as infeccións respiratorias agudas en España?

Estamos xusto no momento do incremento da curva da gripe que este ano coincidiu co Nadal e o aumento dos contactos sociais

Último balance da gripe en Galicia: case 900 ingresados e 42 en UCI

As hospitalizacións por virus respiratorios diminúen pero aínda se sitúan en 163 para o virus sincitial e en 181 para a covid