A exposición ao fume ambiental do tabaco causou 280 mortes en Galicia en cinco anos

Unha tese do IDIS cifra os falecementos entre 2016 e 2021 por cancro de pulmón e cardiopatía isquémica asociados ao impacto indirecto do consumo de cigarros

A cifra de mortes atribuídas á exposición do fume ambiental do tabaco (HAT) é relevante tanto en España como en Galicia. No ano 2020, estimouse que esta exhibición produciu 747 mortes no conxunto do Estado. Durante o período 2016-2021, foron 4.970 as mortes asociadas ao cancro de pulmón e á cardiopatía isquémica, cun total de 280 mortes localizadas en Galicia.

Estas son as principais achegas da tese doutoral de Diana Carolina López Medina baixo o título Carga de mortalidade atribuída á exposición ao fume ambiental do tabaco en España: estimacións e achegas metodolóxicas. O traballo, que foi dirixido polas doutoras do grupo de Medicina Preventiva e Saúde Pública do Instituto de Investigación Santiaria (IDIS) Mónica Pérez Ríos e María Leonor Varela Lema, conta co financiamento do Instituto de Saúde Carlos III.

Publicidade

A tese céntrase no impacto da exposición ao fume ambiental do tabaco e as súas consecuencias inmediatas e a longo prazo na saúde da poboación, un tema especialmente relevante dado os últimos avances lexislativos que se enmarcan dentro do Plan Integral para a Prevención e Control do Tabaquismo do Goberno español. A tese defendida pon de manifesto a importancia do fume ambiental de tabaco como factor de risco para a saúde, tanto a nivel mundial como en España.

Resultados

Ata a realización desta investigación non se dispoñía de estimacións de mortalidade atribuída ao fume ambiental de tabaco desagregada para as diferentes comunidades autónomas de España, obxectivándose a variabilidade existente. Isto achega información importante para direccionar as estratexias de saúde pública e lexislativas en cada zona xeográfica.

En relación coas estimacións da mortalidade atribuída (MA) ao fume ambiental de tabaco (HAT) en España, e asociado a un descenso na prevalencia de exposición desde o ano 2006, contémplase un descenso nas estimacións de MA á exposición ao fume ambiental de tabaco. No ano 2020 en España, a morte dun non fumador asociada á exposición ao HAT relacionábase á existencia de 400 fumadores.

A carga de mortes varía entre comunidades autónomas. Andalucía é a máis prexudicada, mentres que en Madrid o impacto foi menor. En España, a mortalidade atribuída ao HAT non é despreciable e é totalmente evitable, o que reforza a necesidade de seguir avanzando en políticas de control de tabaquismo que protexan de forma integral á poboación.

Unha tese do IDIS cifra os falecementos entre 2016 e 2021 por cancro de pulmón e cardiopatía isquémica asociados ao impacto indirecto do consumo de cigarros

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Juanatey: “O maior reto da saúde cardiovascular en Galicia é o envellecemento activo”

O cardiólogo Juanatey, líder do proxecto New Heart na comunidade galega, explica como investigan as doenzas cardiovasculares e resalta a importancia da promoción dun estilo de vida saudable

Galicia rexistra a maior exposición a fume de segunda man en interiores entre mulleres novas

Un estudo revela que afecta o 41,3% das galegas de entre 15 e 34 anos, malia ser unha das comunidades con menor prevalencia de consumo

Por que os vapers lle cambiaron a voz a Selena Gómez? O (pouco) que se sabe dos cigarros electrónicos

A docente da USC Julia Rey explica que conteñen substancias canceríxenas tamén presentes no tabaco convencional

Un equipo de Santiago publica un estudo pioneiro para tratar unha complicación da enfermidade de Crohn

O ensaio clínico realizado polo IDIS e o CHUS avalía un innovador fármaco oral que amosa resultados preliminares positivos