Domingo 23 Xuño 2024

España é o segundo país europeo con máis casos de Crimea-Congo despois de Bulgaria

A carracha 'Hyalomma marginatum' provocou 13 casos de febre hemorráxica, chegando ás cinco mortes dende o ano 2013 en todo o Estado

A febre hemorráxica de Crimea-Congo (FHCC) causou importantes gromos en rexións veciñas da Unión Europea, principalmente na rexión dos Balcáns, Turquía e Rusia. Con todo, as carrachas do xénero Hyalomma, causantes desta enfermidade vírica, xa están dentro dos límites desta organización. O Centro Europeo para a Prevención e o Control de Enfermidades (ECDC) notificou en España os primeiros casos autóctonos en 2013, converténdose na actualidade no segundo país con máis enfermos, alcanzando os 13 nun período de 11 anos. Así e todo, a carracha xa está en Galicia tamén, e foi detectada en 21 concellos, malia que aínda non se detectou a circulación do virus no territorio.

Con esta cifra, na Unión Europea só hai un país que supere a España en número de casos: Bulgaria. Dende 2013, o país de Europa oriental conta con 37 contaxios na súa lista. A través da transmisión da mordida de carracha, chegaron a seis mortes por febre hemorráxica. A FHCC foi diagnosticada por primeira vez neste país da Unión Europea a mediados dos anos 50 e foi nomeada como endémica nalgunhas das súas rexións.

Publicidade

En España cada vez aumenta máis a súa distribución. Considérase que foron os fluxos migratorios de aves os que expuxeron o país e, por tanto, a Galicia, ao virus de Crimea-Congo, malia que aínda non se considere endémica. Dende 2013, rexistráronse 13 casos en España, cun máximo no ano 2020, cando foron tres as persoas que contraeron esta enfermidade. Con todo, ao longo de 11 anos, houbo cinco falecidos a causa desta febre no territorio nacional. Ávila foi o primeiro lugar onde se atopou un caso ligado a esta patoloxía, espallándose cara ás provincias de Badajoz, Salamanca, Madrid e León.

En Galicia, no ano 2021, detectouse a presenza desta especie de carracha en cabalos salvaxes da Serra da Groba. O último informe da Rede Galega de Vixilancia de Vectores (ReGaViVec), cun balance do ano 2022, afirma que “o aumento de temperatura, e cambios nos patróns de precipitación derivados do cambio climático que se veñen rexistrando en Galicia, permiten o desenvolvemento do ciclo de Hyalomma marginatum“. En territorio galego aínda non se rexistrou ningún caso da enfermidade, mais os informes periódicos da ReGaViVec demostran que a especie Hylomma marginatum leva presente no territorio, polo menos, dende 2019.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A carracha que transmite Crimea-Congo quintuplica a súa presenza en Galicia en 2023

Investigadoras da USC detectan que a especie 'Hyalomma marginatum', moi concentrada na provincia de Ourense, se está desprazando cara ao norte

Cales son as zonas de risco de carrachas no Camiño francés? Así o estudan na USC

A Cátedra das Peregrinacións financia tres proxectos sobre a ruta xacobea e destina 2.000 euros a cada unha das investigacións

Estes son os 129 concellos nos que se detectou a carracha que transmite Lyme

O xénero 'Ixodes' apareceu en 47 concellos de Lugo, posicionándoa como a provincia cun maior número de munipios afectados

A enfermidade de Lyme en Galicia: “Houbo un aumento exponencial nos últimos 15 anos”

Lugo é a provincia con maior incidencia dunha doenza que transmiten as carrachas do xénero 'Ixodes', moi abundantes en territorio galego