Unha forte borrasca procedente de Groenlandia regará Galicia a partir do xoves

Unha masa de aire frío procedente do Atlántico norte provocará que as máximas caian por debaixo dos 20 graos en todo o territorio

As dúas primeiras semanas de xuño están marcadas polo mesmo patrón: tempo estable ata o xoves e chuvia durante a fin de semana. A responsable de axitar o escenario atmosférico os próximos días será unha borrasca procedente de Groenlandia que, co seu centro sobre as illas Británicas, provocará abundantes precipitacións en Galicia a partir do xoves. Ademais, este sistema virá acompañado dunha masa de aire frío do Atlántico norte que provocará un significativo descenso térmico no sur de Galicia, que pasará dos 25 graos de máxima durante a semana e situarse por debaixo dos 20 a partir do venres. Malia a incerteza do escenario a medio prazo, agárdase que esta situación de inestabilidade se estenda ata os primeiros días da vindeira semana.

De feito, Meteogalicia prevé que entre o xoves e o domingo o escenario estea marcado por ceos anubrados, chuvias e temperaturas baixas para a época do ano. Sen ir máis lonxe, o venres hai unha probabilidade de precipitación do 90%, que descenderá o sábado ata o 65% e continuará diminuíndo o domingo, que quedará nun 50%. Con todo, agárdase que as chuvias volvan coller forza durante o luns, cando tamén se esperan temperaturas por debaixo dos 20 graos en todo o territorio galego, e a probabilidade de precipitación escale ata o 60%. Dende eltiempo.es, a meteoróloga Marta Almarcha matiza que esta alternancia de calor con episodios treboentos é bastante habitual no mes de xuño.

Publicidade

A segunda metade da semana non será comparable coa primeira, cando domine o tempo solleiro e as temperaturas suaves. Non obstante, Galicia estará dividida en dúas realidades térmicas ben distintas entre o luns, o martes e o mércores. Mentres que as cidades do norte estarán por debaixo dos 20 graos, especialmente A Coruña, que non superará os 18; as do sur vivirán tres días de calor. Tanto Ourense, como Vigo, como Pontevedra estarán entre os 25 e os 26 graos de máxima, con mínimas de entre 12 e 10 graos, igual que na metade norte. Pero estes valores igualaranse aos de Ferrol, A Coruña, Santiago e Lugo a partir do xoves, cando toda Galicia quede nos 20 graos de máxima e, por tanto, por debaixo dos valores propios para esta época do ano.

Máis precipitacións a curto prazo

A incerteza do prognóstico meteorolóxico non permite predicir o tempo con seguridade máis alá duns días vista. Porén, os modelos cos que traballan os expertos axudan a facerse unha idea do escenario máis probable. Segundo explica o meteorólogo Francisco Martín León nunha peza publicada no portal Meteored, a semana do 17 ao 23 de xuño tamén estará marcada polas precipitacións en Galicia e por temperaturas máis baixas do normal para a época do ano. “Parece que non haberá onda de calor no mes de xuño e só teremos curtos períodos de altas temperaturas en certas rexións repartidas”, conclúe.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un proxecto galego crea ferramentas para detectar a sarcopenia a partir de imaxes radiolóxicas lumbares

Unha iniciativa do IIS Galicia Sur analiza datos clínicos con IA para extraer biomarcadores arredor dunha enfermidade ligada ao envellecemento e o sedentarismo

Do bloqueo anticiclónico ao aire norteafricano: por que Galicia supera os 38 graos ás portas do outono

O alivio térmico podería chegar a partir do venres pero non se prevén chuvias no que queda de setembro

Laura Castro, Premio Nacional de Investigación: “A eólica mariña podería facernos enerxeticamente independentes”

A catedrática da UDC participa tres proxectos sobre enerxías renovables e defende o potencial de Galicia para desenvolver sistemas flotantes no mar

Volven as G-Night: máis de 150 actividades científicas nas rúas das sete cidades galegas

Máis de 500 investigadores achegar experimentos, obradoiros e demostracións a públicos de todas as idades o 25 de setembro