Este é o cronómetro da vacinación en Galicia: así avanza a campaña

O Sergas difunde as cifras diarias da vacinación en cada grupo de idade e nos colectivos prioritarios, no día que se supera o millón de doses inxectadas

A Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia comezou a difundir este martes, tal e como avanzara hai semanas o conselleiro Julio García Comesaña, a actualización diaria da campaña de vacinación contra a Covid-19. A información ponse a disposición da cidadanía no día no que se superou o limiar do millón de doses administradas á poboación galega. Máis do 9,7% da poboación (262.603 persoas) teñen xa a pauta completa para desenvolver inmunidade fronte as formas graves da Covid-19.

Unha das novidades da información difundida desde o Sergas é o detalle dos grupos quinquenais de idade, datos non dispoñibles ata agora na actualización diaria do Ministerio de Sanidad, que era a única fonte oficial que achegaba estes rexistros. Así, ofrécese o número de persoas vacinadas con polo menos unha dose en función do sexo:

Publicidade

De acordo ás cifras de poboación en 2020 que achega o Instituto Galego de Estatística, é posible observar a cobertura da vacinación na poboación que xa recibiu, polo menos, unha dose do fármaco contra a Covid-19:

A información do Sergas tamén detalla o avance da campaña en cada un dos grupos prioritarios de vacinación establecidos na estratexia acordada polo Ministerio de Sanidad e as comunidades autónomas:

Publicidade

Alén disto, Sanidade expón o calendario no que se iniciou o proceso de vacinación en cada grupo de idade. Actualmente está activo o proceso nas persoas dependentes non institucionalizadas, nas que se priorizará a gravidade e vulnerabilidade, o mesmo que nas persoas con condicións de alto risco polas súas enfermidades. Respecto á idade, mantéñense tamén activas as campañas nas persoas de 80 ou máis anos e os grupos de 60 a 65 a 70 a 79 anos, nas que o criterio a seguir é o de idade. É inminente, despois de que se acordase estender a vacinación coa fórmula Vazxrevia (AstraZeneca-Oxford) ata os 69 anos, que comece tamén o proceso no grupo de 65 a 69 anos, que na actualidade é o que menor cobertura ten nas persoas maiores de 70 anos.

O Sergas considera finalizado o proceso nas persoas institucionalizadas, no persoal sanitario e sociosanitario de primeira liña (aínda que parte deles, como se observa no gráfico, teñen pendente recibir a segunda dose), e outro persoal sociosanitario con prioridade na campaña.


A información está dispoñible nesta ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Vacinas nasais: unha nova e prometedora vía para frear a transmisión dos virus respiratorios

A modalidade xera unha defensa intensa nas vías respiratorias superiores ao administrarse o aerosol ou as gotas directamente sobre a mucosa do nariz

Entre a volta ás aulas e o descenso da vacinación en Europa: cales son as vacinas necesarias na infancia?

O calendario infantil marca que os bebés recibirán a maior parte das súas doses durante o seu primeiro ano de vida

A Xunta activa o protocolo de actuación ante a posible chegada de po africano

As autoridades sanitarias recomendan reducir a actividade física no exterior e extremar as precaucións entre a poboación vulnerable

Galicia amplía ata os 25 anos a vacinación en varóns contra o virus do papiloma humano

A medida impulsada pola Dirección Xeral de Saúde Pública, que entrará en vigor o 25 de maio, consistirá na administración dunha soa dose