EN DIRECTO | O mundo submarino da ría de Vigo con Manuel E. Garci, en ‘Vigo Científico’

O biólogo mariño, gran coñecedor da zona, participa este martes ás 19.30 nos encontros organizados por GCiencia e o Consorcio da Zona Franca

O ciclo de encontros ‘Vigo Científico’, unha serie de entrevistas impulsadas polo Consorcio da Zona Franca de Vigo e GCiencia, péchase este martes 27 de abril ás 19.30 horas cunha conversa con Manuel E. García Blanco, Garci, biólogo e divulgador, desde hai máis de 30 anos, dos fondos mariños da ría de Vigo. O encontro será presentado por David Regades, delegado do Estado na Zona Franca, e poderá seguirse a través de gciencia.gal e as súas canles de Facebook, Twitter e Youtube.

Manuel E. García Blanco, coñecido como Garci, naceu en Vigo en 1962. Desde moi novo apaixonouse polo mar, xa que medrou moi preto del. É licenciado en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela, e especializouse en Zooloxía Mariña. Traballou como investigador para institucións como a Universidade de Vigo, o Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC e o Centro Oceanográfico de Vigo e publicou decenas de artigos científicos, comunicacións e presentacións en congresos, simposios e xornadas de investigación.

Publicidade

Porén, é tamén moi salientable o seu traballo de divulgación do mundo mariño. Ofrece habitualmente charlas en centros educativos e para o público xeral. No eido audiovisual, participou en proxectos documentais como A Ciencia do Mexillón, Ecofisioloxia e Cultivo, Anisakis: el infecto Poseidón, La vida secreta del pulpo, Augas vivas de Galicia, ou A vida no río Minho. Outros dos seus traballos recibiron importantes galardóns cinematográficos, como os documentais Mareas Rojas, O choco: baixo as ondas da enseada de San Simón ou El mar del fin del mundo: el reino de los cefalópodos premiados no Ciclo Internacional de Cine Submarino de Donostia-San Sebastián; Os mares doces de Galicia, gañador do premio Prisma Casa das Ciencias da Coruña, o certame Cortos por Naturaleza, ou o Festival Internacional de Imagen Submarina del Oceanographic de Valencia; ou Curricán, premio á mellor curtametraxe do Festival de Cans. Colaborou tamén con diversos medios de comunicación, empresas e Administracións Públicas na realización de documentais e programas televisivos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Ata 44 toneladas de metano ao ano: así deixa a súa pegada o gas no fondo da ría de Vigo

Un novo estudo revela que este composto pode achegar un terzo do carbono presente nas cunchas de microorganismos bentónicos

Un novo proxecto científico busca recuperar a comercialización da volandeira na ría de Vigo

O estudo VOLARIA do IEO-CSIC investigará as causas biolóxicas e ambientais da acumulación de elevados niveis de chumbo no bivalvo

Un estudo revela o impacto dos grandes plásticos nos bancos de mexillón da ría de Vigo

As bolsas comerciais e as sedelas de pesca poden modificar procesos fisiolóxicos clave e a estabilidade estrutural do molusco

Aceite de palma na ría: calma oficial, ciencia ausente

O investigador do IIM-CSIC Antonio Figueras advirte do impacto físico e biolóxico do produto no ecosistema mariño