A dramática escena dunha nai delfín que nada xunto a súa cría morta na ría de Vigo

O pequeno arroaz apareceu posteriormente varado na enseada de Cangas e foi retirado para a realización dunha necropsia

Esta fin de semana, unha triste escena encollía o corazón de quen pasase pola ría de Vigo. Unha nai delfín nadaba xunto a súa cría morta, empuxábaa co seu morro, como se intentase revivila. Estes cetáceos viven a morte dos seus seres queridos dunha maneira sentida, con xestos tan conmovedores como este. O seu dó é moi intenso e pode prolongarse días e incluso semanas, segundo explican dende a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma). Desta maneira, a nai estará co seu fillo incluso ata que este se descompoña, decida abandonalo e continuar ela soa.

De feito, dende a ONG intentaron retirar do mar o pequeno arroaz, mais ela non lles deixou e decidiron non insistir. Finalmente, a cría apareceu este domingo na enseada de Cangas sobre as 11 horas da mañá, e foi retirada posteriormente polo Servizo de Salvamento Marítimo. Segundo explican dende a Cemma, todos os anos prodúcense este tipo de episodios porque é fácil que os cachorros morran durante o primeiro ano de vida. Son moi vulnerables, como lle pasou a esta criatura.

Publicidade

O golfiño morto. Foto: CEMMA

“O difícil é dar con esta escena no momento no que a nai está nadando con el. O normal é que aparezan os bebés varados e case descompostos, e é por esa razón, porque quedan coa nai durante moito tempo”, comentan dende a Cemma. A nai é perfectamente consciente de que o seu fillo está morto e chega un momento no que o abandona. Para estes animais, o momento da reprodución é moi importante, empregan moito esforzo, por iso estes sucesos son tan duros para eles.

A nai nadando coa cría. Foto: CEMMA

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Elefantes, escaravellos e osos polares: estas son as mellores fotografías da natureza do ano

O Museo de Historia Natural de Londres escolle as imaxes máis destacadas do concurso Fotógrafo de Vida Silvestre, que premia composición, innovación e interpretación

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

As claves do regreso das candorcas: por que volven a avoa Toñi e a súa manda ás Rías Baixas?

O grupo, de entre oito e dez exemplares, regresa por terceiro ano consecutivo a Galicia seguindo o rastro do atún vermello e xeran interaccións coas embarcacións

Ata 44 toneladas de metano ao ano: así deixa a súa pegada o gas no fondo da ría de Vigo

Un novo estudo revela que este composto pode achegar un terzo do carbono presente nas cunchas de microorganismos bentónicos