Sanidad priorizará vacinar a 350.000 persoas polas súas enfermidades

Enfermos de cancro, en diálise, con VIH ou outras doenzas terán prioridade e comezan agora a fase de vacinación preferente

Os pacientes con cancro, trasplantados, con VIH, en diálise ou con algún tipo de inmunodeficiencia primaria recibirán antes a vacina contra o coronavirus, segundo a nova estratexia actualizada presentada polo Ministerio de Sanidad este martes. A medida pretende priorizar a todos aquelas persoas con importantes patoloxías, de xeito que o ministerio contabiliza uns 355.000 casos prioritarios en toda España. Tamén se adianta a inmunización dunhas 10.000 persoas con síndrome de Down de máis de 40 anos.

O Goberno establecera desde o inicio da vacinación un plan cos grupos prioritarios para recibir as vacinas cando estean dispoñibles. Así, o primeiro foron os anciáns en residencias e o persoal que lles atendía. Máis tarde, seguiron os sanitarios e outros traballadores esenciais xunto as persoas de máis de 80 anos, que en Galicia o Sergas calcula que o vindeiro luns 5 de abril estarán vacinados na súa totalidade.

Publicidade

Agora, o documento actualizado sinala o novo grupo que será inmunizado, composto por persoas vulnerables con determinadas patoloxías ou riscos especiais. As 355.000 persoas que Sanidade considera de “moi alto risco” poderán vacinarse nos seus centros de saúde habituais. A súa inmunización realizarase de xeito paralelo á do grupo de idade de 70 a 79 anos, se non lles corresponde antes por idade. Utilizarase calquera das vacinas autorizadas, aínda que se prima o uso das de ARN, como as de Pfizer ou Moderna, con “a finalidade de alcanzar a maior protección nun período de tempo menor”.

O Goberno xa establecera en versións anteriores do documento que quen padecese algunhas enfermidades de risco terían prioridade, pero esta nova actualización contabiliza o número de persoas ás que afecta a medida e cataloga de xeito sistemático quen son os vulnerables prioritarios por este tipo de riscos. Todos estes pacientes, xunto con 10.000 persoas con síndrome de Down maiores de 40 anos, constitúen o chamado grupo 7, dos 9 que xa hai definidos. É o grupo de menores de 60 anos con enfermidades de alto risco.

Publicidade

Entre os enfermos de alto risco aos que se dá prioridade, os grupos máis numerosos son as 170.000 persoas con cancro de órgano sólido, os 64.000 pacientes con enfermidades oncohematolóxicas e os 60.000 con transplantes de órganos (ou á espera dos mesmos). Tamén se inclúen 28.700 persoas con tratamento renal sustitutivo (hemodiálise e diálise peritoneal).

“Ademais do risco elevado, que é o factor máis importante considerado na priorización, tívose en conta tamén a accesibilidade e o número de persoas total que supón cada un dos diferentes grupos de moi alto risco”, sinala a estratexia.

Aquí podes consultar o documento da nova versión actualizada da Estratexia de Vacinación do Ministerio de Sanidade

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A nova Unidade Mixta da USC avanzará en anticorpos terapéuticos para cancro e doenzas inflamatorias

A iniciativa reúne persoal investigador do CiMUS e a biotecnolóxica SunRock Biopharma para impulsar tratamentos biolóxicos de precisión

Cancro en Galicia: o 36% dos homes e o 25% das mulleres serán diagnosticados antes dos 75 anos

A última actualización do Rexistro Galego de Tumores revela que se detectaron máis de 17.000 en 2023, e sitúa os de próstata e mama como os máis frecuentes

O cribado de cancro de mama reduce á metade as mastectomías necesarias en 20 anos

O programa está destinado a mulleres de entre 50 e 64 anos e busca mellorar a detección temperá da enfermidade

Unha nova Unidade Mixta da USC impulsa terapias innovadoras en cancro e enfermidades inflamatorias

A colaboración con SunRock Biopharma integra grupos do CiMUS para validar candidatos terapéuticos en fases temperás