Comeza o ensaio clínico do fármaco de Pharmamar contra o coronavirus

A plitidepsina xa se mostrou eficaz en laboratorio contra outro coronavirus e tres hospitais de Madrid reciben luz verde para iniciar as probas en pacientes

PharmaMar anunciou o inicio do ensaio clínico con ‘Aplidin’, nome comercial do principio activo da plitidepsina para o tratamento de pacientes con Covid-19, que xa foi autorizado pola Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios ( AEMPS), dependente do Ministerio de Sanidade. A compañía, fundada en Vigo hai 80 anos e que dennde hai 4 ten a súa sede social en Madrid, confía neste fármaco, que será probado en tres hospitais de Madrid.

Trátase dun estudo multicéntrico, aleatorizado, paralelo, aberto, para avaliar o perfil de seguridade e a eficacia de tres doses de plitidepsina en pacientes con Covid-19 que precisen ingreso hospitalario. O ensaio clínico incluirá tres cohortes de pacientes con tres niveis de doses diferentes, para avaliar a eficacia e a seguridade de plitidepsina en cada nivel de dose administrado en pacientes ingresados por Covid-19.

Publicidade

Nesta primeira etapa incluiranse 27 pacientes, aos que se administrará estas tres diferentes doses. Os investigadores medirán a carga viral dos pacientes antes do tratamento e unha vez finalizado o mesmo, así como unha serie de parámetros de evolución clínica. No caso de que nesta primeira etapa os resultados fosen positivos, o ensaio continuaría coa dose óptima, despois de falar co regulador, cunha cohorte máis ampla de pacientes.

Prometedor resultado dun fármaco de Pharmamar contra un coronavirus

O pasado 13 de marzo, a compañía anunciou resultados dos estudos ‘in vitro’ de plitidepsina no coronavirus humano HCoV-229E, cun mecanismo de multiplicación e propagación moi similar ao SARS- CoV-2, xa que ambos utilizan a proteína EF1A para a súa reprodución.

Publicidade

Os estudos leváronse a cabo no Centro Nacional de Biotecnoloxía do Centro Superior de Investigacións Científicas ( CNB-CSIC), co equipo que dirixe Luis Enjuanes. A plitidepsina actúa bloqueando a proteína eEF1A, presente nas células humanas, e que é utilizada polo SARS-CoV-2 para reproducirse e infectar outras células. Mediante este bloqueo, evítase a reprodución do virus dentro da célula, facendo inviable e a súa propagación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Memorias dunha pandemia

Como sobrevivir á histeria colectiva ante un gromo de hantavirus. Por Andrea Veiga

O epidemiólogo Juan Gestal: “Non vai ser a próxima pandemia”

O experto explica que o perigo para a poboación global é baixo e que a resposta das autoridades debe centrarse na investigación da orixe do gromo

Badiola: “Hai unha probabilidade moi alta de que a nova gran pandemia teña orixe animal”

O doutor especialista en sanidade animal, sobre a gripe aviaria: “O risco para a cidadanía é extremadamente baixo, pero non completamente inexistente”

Que é a variante Frankestein? Síntomas e cando chegará a Galicia

"Non é unha ameaza", asegura a inmunóloga África González, que considera que o nome non está vinculado coa aparición de casos máis graves