Publicidade

Os casos activos en Galicia están nos niveis de final de marzo

O Ministerio de Sanidad confirma 37 novos positivos por PCR, 157 infeccións resoltas, 22 hospitalizacións e catro falecementos respecto a onte

A información achegada este xoves polo Ministerio de Sanidad e a Consellería de Sanidade sobre a evolución da pandemia da Covid-19 en Galicia amosa unha remisión na aparición de novos casos, despois de que durante o mércores se incrementaran os casos activos en tres das sete áreas sanitarias do pais. O Ministerio expón que en Galicia se detectaron 46 positivos máis a través de probas PCR (con 1.939 análises nas últimas 24 horas, segundo Sanidade) aos que hai engadir outros 63 notificados mediante probas de anticorpos (que non se corresponden necesariamente con novas infeccións). Así, Galicia acumula 10.192 persoas nas que se confirmou a infección polo SARS-CoV-2 (máis dun 15%, sanitarios), das que 6.959 (157 máis ca onte) xa son “infeccións resoltas”.

Casos activos

No tocante aos casos activos, cifra da que informa a Consellería de Sanidade, estase seguindo actualmente a 2.747 persoas (61 menos ca onte). Deles, 643 persoas na área da Coruña-Cee, 170 na de Lugo-A Mariña-Monforte, 450 na de Ourense-Verín-O Barco, 151 na de Pontevedra-Salnés, 761 na área de Vigo, 448 na de Santiago-Barbanza e 124 na de Ferrol. En relación á información anterior, baixaron os casos en todas as áreas, agás en Lugo, onde hai 4 afectados máis no momento de difundir os datos. A cifra total é semellante (aínda que con menos presión nos hospitais) á dos últimos días de marzo, nos días previos ao cumio da pandemia en Galicia.

Publicidade

Así está a situación por áreas sanitarias:

157 ‘altas’, 22 hospitalizacións e 4 óbitos

Dous dos indicadores relevantes (ademais dos novos casos) á hora de abordar as seguintes fases da chamada ‘desescalada’, son as hospitalizacións e os falecementos. Nas últimas horas en Galicia houbo 22 persoas que foron ingresadas en hospitais, un deles na UCI. Con todo, a cantidade de persoas ingresadas nos hospitais baixa en tres persoas. Hai 28 pacientes na UCI e 205 en hospitais, unha cifra semellante á do 21 de marzo. Porén, o 90% dos casos (2.514), están sendo atendidos no domicilio.

Publicidade

Tal e como aclaran o Sergas e o Ministerio de Sanidad, os cambios de criterio inclúen como curacións, por exemplo, aos pacientes que dan negativo nunha proba PCR do coronavirus despois de ser positivo, aínda que poidan seguir ingresados no hospital. Nestas infeccións resoltas tamén se inclúen, tal e como aclara o propio Ministerio, os casos de persoas, como os positivos en tests de anticorpos, aos que se lles fixo unha proba serolóxica e non se puido evidenciar un momento da enfermidade. Esta cifra supón xa o 65,92% dos casos totais.

37 novos casos por PCR

Respecto aos novos positivos detectados, Galicia notificou 37 casos diagnosticados por PCR e 63 por tests de anticorpos (que non son necesariamente persoas con síntomas ou con infección en curso). Respecto ao número de probas, a Consellería de Sanidade expón que se fixeron 109.896, 1.939 máis ca onte. O número de probas non garda relación necesariamente coas persoas analizadas, xa que se adoitan facer análises máis dunha vez a cada persoa. Do mesmo xeito, a maior proporción de negativos pode coincidir, ademais da propia remisión da epidemia, coa confirmación da superación da enfermidade en persoas que estiveron contaxiadas.

Falecementos

Das catro mortes que tiveron lugar desde a última información, unha dela corresponde a un usuario dunha residencia, que faleceu no centro Claudina-Somoza da Coruña. Desde o comezo da crise faleceron 266 usuarios destes centros, o 45,39% do total das mortes causadas pola Covid-19 en Galicia.

Residencias

En canto aos centros de atención a persoas maiores ou con discapacidade, os casos activos son 679 (417 usuarios e 262 profesionais). A cifra supón un 24,71% do total de casos activos, repartidos en máis de 50 centros. Os maiores focos mantéñense nas residencias DomusVi-Matogrande, Portazgo, Claudina-Somoza e Santa Teresa Jornet (A Coruña), DomusVi-Cangas, DomusVi-Barreiro (Vigo), As Fragas (Pontedeume), DomusVi-San Lázaro (Santiago), e San José Hermanitas, NS Esperanza e Divino Maestro (Ourense).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Mauro, o neno galego cunha doenza ultrarrara e mortal: “Non hai nada máis difícil que ver o teu fillo deteriorarse”

O cativo de dous anos e medio foi diagnosticado en outubro de 2024 da enfermidade de Alexander, unha patoloxía neurodexenerativa sen tratamento

Que é a renaturalización? A alternativa a unha paisaxe galega dominada polo eucalipto

A aprobación do informe de impacto ambiental da macrocelulosa que Altri proxecta en Palas de Rei reabre o debate sobre o modelo forestal que queremos en Galicia

Os microplásticos aumentan a resistencia aos antibióticos

Un equipo da Universidade de Boston subliña a importancia de abordar a contaminación dos residuos plásticos como unha prioridade de saúde pública

As asombrosas imaxes de falsos percebes adheridos a unha lámpada e á coiraza dunha tartaruga

A Coordinadora para os Estudos dos Mamíferos Mariños retirou 59 cirrípedos do animal, que apareceu nunha praia de Fisterra