Luns 4 Decembro 2023

As persoas impulsivas adhírense peor a patróns dietéticos saudables 

Un estudo da área de Obesidade e Nutrición da Universidade de Navarra constata a súa maior tendencia ás conductas alimenticias negativas

As persoas con elevada impulsividade presentan maiores dificultades para adherirse a patróns dietéticos saudables e máis facilidade para adherirse a patróns dietéticos non saudables co tempo. Así o constatou un estudo recente realizado por un equipo da área de Obesidade e Nutrición do CIBER (Ciberobn), na Unidade de Nutrición Humana da Universidade Rovira i Virgili (URV) e o Instituto de Investigación Sanitaria Pere Virgili (IISPV), o primeiro destas características, e cuxos resultados foron publicados na revista científica International Journal of Behavioral Nutrition and  Physical Activity

Para iso, os investigadores realizaron un estudo observacional con máis de 460 voluntarios de catro centros de investigación españois aos que realizaron un seguimento de tres anos para analizar as asociacións existentes entre o trazo de personalidade impulsivo das persoas e a adherencia a distintos patróns dietéticos saudables ou non saudables.

Cuestionario de personalidade

A avaliación da impulsividade mediuse ao comezo do estudo mediante un cuestionario que avalía o trazo de personalidade impulsivo. Así mesmo, avaliouse a adherencia a oito patróns dietéticos saudables, que están orientados á redución do risco cardiovascular, hipertensión, colesterol, declive cognitivo e ser sustentables co planeta, así como a adherencia a dous patróns alimenticios non  saudables. 

Os patróns dietéticos saudables conteñen menos carne vermella e procesada e menos hidratos de carbono refinados

Os resultados puxeron de manifesto que as persoas máis impulsivas, as que amosan unha grande urxencia por responder rapidamente ás súas emocións e unha peor planificación, tenden a ter máis dificultade para adherirse a patróns dietéticos saudables orientados á redución de risco cardiovascular, colesterol e hipertensión.

Estes patróns dietéticos saudables conteñen menos carne vermella e procesada e menos hidratos de carbono refinados, sendo para estas persoas máis impulsivas máis difícil de restrinxir estes alimentos, xa que usualmente son valorados como máis desexables, o que pon de manifesto a súa urxencia por inxerilos. 

Urxencia por inxerir alimentos

Esta urxencia por inxerilos, xuntamente coa súa carencia para planificar outras opcións máis saudables, é probable que tamén faga que as persoas con maior impulsividade se adhiran mellor a patróns dietéticos pouco saudables.

O estudo estivo liderado polo investigador predoctoral Carlos Gómez Martínez, baixo a dirección do equipo investigador formado por Nancy Babio, Jordi  Júlvez e Jordi Salgas-Salvadó, da Unidade de Nutrición Humana da URV-IISPV e o  CIBEROBN. A investigación enmárcase no estudo PREDIMED-Plus e foi  financiado polos proxectos europeos Eat2BeNice e PRIME, así como polo Instituto de Saúde Carlos III a través de diferentes proxectos. 


Referencia: Impulsivity is longitudinally associated with healthy and unhealthy dietary patterns in individuals with overweight or obesity and metabolic syndrome within the framework of the PREDIMED-Plus trial (Publicado en International Journal of Behavioral Nutrition and Physical Activity)

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Lugo é a provincia do Estado con máis persoas obesas

Varios estudos revelan que Galicia é a segunda comunidade con máis prevalencia de sobrepeso entre a poboación adulta

O catedrático da USC Carlos Diéguez ingresa na Academia de Ciencias

O investigador galego é un referente mundial no estudo da obesidade e publicou máis de 500 traballos en revistas internacionais

Os grelos poden previr o cancro? Estudan a dieta atlántica como vía terapéutica

Unha revisión analiza as propiedades farmacolóxicas dos alimentos consumidos no sur de Europa que poderían ter propiedades antitumorais