Alemaña propón multar aos pais que non vacinen aos fillos

Aínda que Galicia e España están por agora a salvo do preocupante aumento dos contaxios por sarampelo, varios países de Europa afrontan xa un serio problema de saúde pública, cunha doenza que estaba a piques de erradicarse e que o ano pasado afectou a decenas de miles de nenos e adultos. Para frear un posible abrocho, sucédense as medidas de prevención, sobre todo na infancia, a poboación máis susceptible á doenza polo risco de que os movementos antivacinas convenzan aos proxenitores de non inmunizar aos fillos. A Xunta de Galicia, por exemplo, decidiu que obrigará a ter as vacinas ao día para formalizar a matrícula nas escolas infantís públicas. E Alemaña podería ir un paso alén: multar con uns 2.500 euros aos pais que non vacinen aos fillos en idade escolar.

A medida propúxoa Jens Spahn, ministro de Sanidade de Alemaña, ante o goberno federal. O proxecto de lei está agora mesmo en debate e podería estar aprobada en marzo do vindeiro ano. Segundo Spahn, o obxectivo “non é multar á xente, senón asegurarse de que a xente está inmunizada”. Noutros países como Australia xa se explorou esta posibilidade, así como o incremento de impostos, para frear o auxe dos antivacinas.

Publicidade

O borrador da lei aseguraría a nivel federal que todos os nenos en idade escolar (en Alemaña é obrigatoria a escolarización a partir dos 6 anos) deberían estar vacinados. En caso contrario, os pais pagarían a multa. A medida viría a completar algunhas lexislacións xa desenvolvidas en estados como Brandenburg, que se converteu no pioneiro de Alemaña en obrigar a vacinarse aos nenos que asistiran ás escolas infantís.

Nova advertencia da OMS

A medida anunciada en Alemaña coincide con outro dato preocupante difundido pola Organización Mundial da Saúde. No mes pasado, os casos de sarampelo en Europa subiron un 300% respecto ao mesmo período de 2018. A maioría dos casos xurdiron en Ucraína, e detectouse tamén un abrocho secundario en Israel procedente do país caucásico. En Alemaña, con 500 casos en todo 2018, houbo xa 300 afectados en apenas catro meses de 2019.

Publicidade

“Non hai motivos para preocuparse polo sarampelo en Galicia”

 

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Aprendizaxe mecánica, falta de recursos e presión familiar: as claves da caída galega no informe PISA

A profesora da UDC Montserrat Castro considera que as metodoloxías empregadas fomentan unha lectura instrumentalista en vez dunha comprensiva

Da gastroenterite á varicela: guía das enfermidades que axexan as aulas

A volta ao cole abre a porta a contaxios frecuentes por mor de patóxenos contra os que se dispón de poderosas defensas

A Consellería de Sanidade activa o protocolo de actuación tras detectar un caso de sarampelo

A investigacion apunta a un paciente importado, sen contactos detectados ata o momento e cun risco moi baixo para a poboación xeral

A OMS alerta de que España xa non é un país libre de sarampelo

En 2024 confirmáronse 227 casos e en 2025 a cifra aumentou a 397, cunha alta porxentaxe de persoas non vacinadas e casos importados