A obesidade dispárase nun 82% nas nenas galegas en apenas oito anos

Máis da metade dos galegos ten un peso fóra dos indicadores saudables e catro de cada dez non fai nunca exercicio

A obesidade infantil aumentou un 81,9% nas nenas galegas en apenas oito anos. As rapazas lideran a tendencia na comunidade. E é que esta situación mantén un incremento dun 36,4% desde 2017 e xa alcanza a 24.300 nenos, un 8,43% do total, segundo os datos do Instituto Nacional de Estadística (INE). Esta proporción é similar en homes (8,42%) e en mulleres (8,44%), pero hai oito anos a taxa desta última era moi inferior. No caso dos rapaces tamén aumentou, pasando de 12.100 a 13.400 nenos con obesidade. Contrasta coa tendencia a nivel nacional: a proporción de menores obesos diminuíu do 10,30% ao 7,13%.

No caso dos nenos, a taxa de rapaces cun peso saudable sitúase no 64,6%. O 27% ten sobrepeso ou obesidade. Tamén se suman os que presentan valores inferiores ao que deberían. É un caso que se da máis nos homes (11,3%) que nas mulleres (6,9%).

Publicidade

A afectación dos roles de xénero

Os roles vólvense opostos na franxa de idade de 10 a 14 anos e dos 15 a 17 anos, nos que as mulleres son as que manteñen un peso por debaixo do necesario, segundo a enquisa do INE. Nesta última franxa, a cantidade de mulleres con peso inferior o saudable é 4,5 veces maior ás que teñen obesidade. A directora do grupo de Epixenómica en Endocrinoloxía e Nutrición e co-coordinadora da Unidade de Epixenómica do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS), Ana Crujeiras, apunta á influencia das redes sociais, que promove a figura delgada e iso maniféstase no peso corporal nas nenas. “Temos esa dualidade entre a incidencia de obesidade en nenos, que é moi preocupante, e o outro extremo causado polos estereotipos do corpo”.

En total, só o 42,47% dos galegos atópase no considerado normopeso. É dicir, dentro dos rangos saudables segundo a súa estatura e o índice de masa corporal. O 38% ten sobrepeso e o 17,88%, obesidade.

Publicidade

“En Galicia temos no noso patrón de alimentación a dieta atlántica”, explica Ana Crujeiras, que di que se ve facilitado polo noso acceso ao mar e a produtos de proximidade. Porén, a experta indica que cada vez hai menos xente que a siga, e que tamén hai un crecente sedentarismo. Catro de cada dez non fan exercicio nunca (42,59%), segundo o INE. Iso si, dos que o fan, o 44,5% adestran máis de 5 veces á semana. Ademais, os galegos son os que máis se orientan na musculatura. Un 42,22% realizan actividades que están especificamente orientadas ao fortalecemento desta. En total, o 24,3% leva unha vida sedentaria, sendo unha das comunidades que máis fai actividade física.

Os galegos, os que menos consomen comida rápida

Os galegos son os que menos inxiren comidas rápidas. O 39,9% nunca toma este tipo de comida, unha cifra que case duplica á nacional (21,51%). Só o 26,45% toma este tipo de produtos máis dunha vez á semana, unha cifra similar á de hai oito anos e a máis baixa no país, segundo o INE. A Comunidade Valenciana é a que máis utiliza estas comidas: un 51,37% faino máis dunha vez á semana.

Algo similar ocorre coas comidas de picar. O 37,65% non consomen nunca aperitivos salgados fronte ao 18,9% da media nacional. Ademais, tres de cada catro galegos fano menos dunha vez á semana.

O que si comen os galegos é máis carbohidratos. O 21,3% inxire a diario pasta, arroz ou patacas, o dobre que a media nacional (10,6%). É unha porcentaxe que, por outra banda, tamén ten certo vínculo cos ingresos que chegan ao fogar. Aquelas persoas que traballan en empregos que teñen, de media, peores salarios, comen moderadamente máis carbohidratos que aqueles que teñen un traballo máis cualificado, segundo o INE.

O peixe, moi presente na dieta

Os galegos tamén consomen bastante verde. O 78,6%, come tres ou máis veces á semana verdura, ensaladas e hortalizas e máis da metade (54,2%) toma froita fresca a diario. Unha cifra, iso si, inferior a comunidades como Madrid (68,4%) ou Castela e León (69,7%). En canto ao peixe, o consumo si é máis elevado en Galicia que a media. O 41,09% tómao tres ou máis veces á semana, fronte o 34,32% que o fan no resto de España.

Crujeiras explica que o importante é seguir unha dieta saudable e aproveitar os produtos de proximidade e evitar outros máis ultraprocesados. Tamén defende a necesidade de facer actividade física, sexa máis intensa ou non. “Podemos aproveitar que temos a sorte de ter paisaxes que nos permiten e axudan a saír a camiñar”, destaca a experta.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla