A EMA dá o visto bo a unha dose de reforzo de Moderna

Iría destinada á poboación maior de 18 anos e administraríase de seis a oito meses despois da segunda inxección

A Axencia Europea do Medicamento (EMA), a través do seu Comité de Medicamentos Humanos (CHMP), difundiu este luns un comunicado no que dá o visto bo a unha dose de reforzo de Moderna a persoas maiores de 18 anos. Segundo indican, esta terceira inxección —que debería ser administrada de seis a oito meses despois da segunda— “provocou un aumento nos niveis de anticorpos en adultos cuxos niveis estaban diminuíndo”.

Atender a situación epidemiolóxica

Mais este comunicado da EMA non é categórico. Tal e como indican dende o organismo europeo, deben de ser as institucións nacionais as que tomen decisións ao respecto e determinar se se deben administrar ou non estas doses de reforzo. Para iso habería que ter en conta cal é a situación epidemiolóxica de cada país, así como os datos da súa eficacia e da súa seguridade.

Publicidade

https://twitter.com/EMA_News/status/1452687670749057026/photo/1

A EMA pronúnciase sobre a dose de reforzo de Moderna tan só un mes despois de que tamén abrise a porta á de Pfizer. Nese caso, esa terceira inxección debería administrarse polo menos seis meses despois da segunda dose. No comunicado difundido a comezos de outubro, a EMA tamén amosaba un aumento no nivel de anticorpos cando se administraba a dose de reforzo de Pfizer, mais sen emitir, tampouco, unha recomendación explícita.

Publicidade

Dose de reforzo fronte a dose adicional

Outro dos aspectos que é preciso salientar a este respecto é a diferenza entre as doses de reforzo (booster dose) e as doses adicionais (additional dose). As primeiras son as que se poderían administrar á poboación xeral, como se se tratasen de vacinas extra. As segundas son aquelas que van destinadas a colectivos moi específicos, que polas características do seu sistema inmunitario precisan dunha terceira inxección. É o que aconteceu, por exemplo, coas persoas inmunodeprimidas. Un grupo ao que xa se lle administrou esa dose adicional en Galicia, ao igual que os maiores das residencias.

Por outra banda, este luns tamén comezou a campaña de vacinación da gripe en Galicia, destinada ás persoas de máis de 80 anos. Pero esta temporada ten unhas características peculiares, posto que se lles ofrecerán simutanear dúas vacinas: a da gripe e, tamén, a dose adicional contra o coronavirus. No que respecta ás persoas que teñan entre 70 e 79 anos, poderán solicitar voluntariamente a inxección da gripe e xa Sanidade as convocará para recibir a terceira dose contra a Covid-19.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Fronte á nova variante: así está a cambiar a epidemia de gripe

O impacto da mutación H3N2 e as limitacións da vacina nesta tempada marcan a evolución da enfermidade no terrritorio

Seis consellos de Europa ante a epidemia de gripe: “Non esperes a vacinarte”

A enfermidade respiratoria entra en fase de epidemia de forma máis temperá do habitual e Galicia xa rexistra 223 ingresos nunha semana

O frío adianta a tempada de gripe en Galicia: o que debes saber ante o aumento de casos

As hospitalizacións aumentan a 182 na última semana mentres o goberno galego activa medidas do Plan sanitario de inverno ante a aparición temperá de virus respiratorios

Que é a variante Frankestein? Síntomas e cando chegará a Galicia

"Non é unha ameaza", asegura a inmunóloga África González, que considera que o nome non está vinculado coa aparición de casos máis graves