Quen foi Benigno Ledo, o ‘cura das abellas’?

O lucense, nado en 1864, foi un apicultor determinante no cambio de modelo produción cara a un máis intensivo

Profesor, sacerdote e, sobre todo, apicultor. O nome ‘cura das abellas’ non é unha esaxeración. A vida de Benigno Ledo é a representación dun dos cambios máis importantes na historia da apicultura. Ledo, nado en 1867 na Chanca, Lugo, deixou un legado de grandes transformacións no mundo da extracción do mel. Impulsou a implantación de técnicas modernas, o cambio entre o chamado modelo fixista e o mobilista.

A investigación realizada polo profesor da Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo da USC, Damián Copena, e pola profesora da Universidade de Oviedo, María Gómez Martín, afonda en como Ledo participou en diversas accións para fomentar estes novos sistemas. Por exemplo, a colaboración en múltiples cabeceiras de prensa, a realización de conferencias ou a innovación tecnolóxica en colmeas e utensilios apícolas, nalgúns casos a través de patentes.

Publicidade

Con todo, dentro da longa traxectoria de actuacións vinculadas coa modernización da apicultura en Galicia nas que participa, destaca a súa designación, por parte da Deputación de Lugo, como profesor provincial. “As tarefas realizadas dende a Deputación posibilita o incremento do número de colmeas mobilistas na provincia e a expansión das prácticas modernas”, explican os profesores Copena e Gómez.

A introdución dos sistemas modernos de produción

O modelo fixista foi o sistema tradicional de extracción do mel. Neste método, os favos das abellas non se poden mover e, por outra banda, o apicultor non ten que dedicar tanto tempo. A apicultura en Galicia foi historicamente unha actividade ligada ás economías familiares e na que se aplicaba un modelo pouco intensivo.

Publicidade

A chegada de innovacións a partir da segunda metade do século XIX, cambia os modelos produtivos. Por exemplo, o paso da abella, que é o espazo entre os elementos do interior da colmea que os insectos non encherán con cera ou con própole. A partir de aí, comezou a base para a aparición dunha nova maneira de entender a actividade apícola, artellada arredor do cadro móbil nas colmeas. Isto permitiu deseñar novas tecnoloxías que posibilitaban unha maior intervención das persoas apicultoras no interior das colmeas. 

O ‘cura das abellas’ consideraba necesario cambiar o modelo fixista predominante en Galicia polo mobilista. Ledo conseguiu innovar no sector apícola a partir da creación de tres modelos de colmeas mobilistas: a Ledo-Argozón, a Viveiro e a Avión, ademais de mellorar varios utensilios do oficio. 

“Benigno Ledo encádrase nun contexto no que se sinala a necesidade de que as persoas ilustradas, de maneira destacada os relixiosos e os mestres de escola, sexan axentes clave no proceso de difusión da apicultura moderna”, explican Copena e Gómez. Neste senso, ademais de Benigno Ledo, outras persoas ligadas ao ámbito da Igrexa contan cun papel moi relevante. 

O estudo sinala que a apicultura formaba parte crucial das economías de subsistencia nas áreas rurais. En total, as estimacións apuntan da existencia de ata 366.000 colmeas a mediados do século XVIII.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:06:28

Un microscopio feito a medida para estudar nanopartículas individuais

Investigadores do CINBIO incorporan un equipo hiperespectral de campo escuro sen equivalente comercial, capaz de medir moléculas que ata agora só se podían analizar en conxunto

Un estudo galego revela que os lumes favorecen ás aves máis afectadas polo abandono rural

A USC e o CSIC investigan a Serra do Xurés e analizan a recuperación desigual segundo o hábitat, cunha maior vulnerabilidade das especies forestais

Extraer ADN de amorodos ou resolver unha ‘escape room’ climática: así será a sexta edición da G-Night

A Noite Galega das Persoas Investigadoras terá lugar o 25 de setembro de xeito simultáneo nas sete cidades galegas

Identificadas moléculas con potencial terapéutico en cancro no primeiro leite das vacas tras o parto

Un equipo galego revela que as vesículas extracelulares do calostro bovino frean de forma reversible a proliferación de tumores gastrointestinais