O mosaico romano de Panxón volve desde Nova York

Desde a asociación para a súa repatriación confirman que o Concello de Nigrán achegou os 40.000€ aos que se comprometeu para traelo dende EE.UU.

A Asociación Repatriación Mosaico Romano Panxón alcanzou con éxito este mércores o obxectivo de recadación de fondos da súa campaña de crowdfunding (58.000 Euros), grazas á xenerosa achega de 40.000 euros recentemente recibida do Concello de Nigrán.

“Grazas ao anterior, iniciamos os trámites para o pago do mosaico aos seus actuais propietarios (Carlton Hobbs) e o seu envío desde Nova York a Londres, onde será doado ao Concello de Nigrán para ulterior transporte ao Val Miñor para a súa exposición pública e goce de veciños e visitantes, sendo un ben de gran valor para a oferta cultural e turística do Concello”, celebran dende o colectivo.

Publicidade

E seguen: “Queremos agradecer a inestimable axuda de todos os particulares e empresas que colaboraron neste proxecto. E moi en particular a do Concello de Nigrán e o seu alcalde Juan González.
En próximos comunicados iremos informando o estado dos trámites, confiando en poder gozar do mosaico en Nigrán nun futuro cada vez máis próximo”.

A historia do mosáico

O mosaico romano de Panxón é unha peza arqueolóxica extraordinaria do século III d. C., única representación do xénero musivario cun tema mariño na contorna metropolitana de Vigo, cun incalculable valor histórico. De grande calidade, representa un peixe, nadando nas augas mariñas, xunto a unhas ameixas e pola súa forma dedúcese que formaría parte dun mosaico moito máis grande, evidenciando a súa vez o alto grao de romanización do sitio do Castro, en Panxón, Nigrán (Val Miñor, Galicia).

Publicidade

Achado neste lugar de xeito casual no s. XIX pola familia Puga, máis tarde pasou (encaixado nunha mesa) á colección da familia Blanco–Cicerón, na cidade de A Coruña, perdéndose o seu rastro trala súa venda en poxa pública e posterior saída de España, ata que hai apenas dous anos un dos socios fundadores da nosa Asociación deu ca peza nunha colección privada de Nova York (Carlton Hobbs) e iniciou os trámites para a súa repatriación ó lugar do que nunca debería ter saído.

O mosaico coincide sen dúbida co referido no seu momento polo especialista da categoría do profesor Acuña Castroviejo (entre outras publicacións “Vigo en su Historia “) e foi inspeccionado in situ polo doutor Carlos Picón, no seu momento responsable da arte antiga do Metropolitan Museum de Nova York (hoxe director da galería Colnaghi da mesma cidade) confirmando a súa antigüidade, orixe e taxación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:05:20

Celtas ou romanos? Viaxe ás raíces da identidade galega

O noso pasado celta é innegable, pero o peso de Roma na nosa identidade é maior do que ás veces se cre

Guía de viaxe para descubrir aos galaicos

A provincia de Pontevedra alberga algúns dos xacementos que máis datos revelan sobre a vida e o legado deste pobo

Cales foron as orixes das leguminosas?

Os legumes foron cultivados desde hai séculos por unha gran variedade de culturas e, segundo a especie, hai diversas orixes