Novos achados revelan o carácter funerario da ‘roda’ de Adai, un xacemento único en Galicia

A descuberta dunha ola que se conserva completa e de pé sobre unha lousa suxiren que servía para actos rituais fundacional

Novas escavacións na ‘roda’ de Adai, un xacemento da Idade do Bronce situado a escasos quilómetros da cidade de Lugo, constatan o carácter monumental dun recinto cerimonial vinculado co mundo funerario. Así o constatan os últimos achados nas escavacións do Castrillón ou Corro dos Mouros, como tamén se denomina a este xacemento descuberto no século XX na parroquia de Santa Madalena de Adai. O equipo de traballo estivo dirixido pola investigadora Pilar Prieto, dos grupos EcoPast e Cispac da Universidade de Santiago (USC).

Os traballos realizados o verán pasado polos investigadores da USC xunto con Tempos Arqueólogos S.L. neste enclave da contorna rural de Lugo posibilitaron identificar as fases de construción deste recinto arqueolóxico, así como o seu uso e mesmo o abandono do sitio, segundo se desprende do informe valorativo depositado en decembro e no que se recollen resultados preliminares. As tarefas de escavación, que se limitaron a unha superficie de 1,5 x 17 metros, ofreceron aos investigadores implicados neste proxecto importante información para afondar no coñecemento en a comprensión dos xacementos tipo ‘roda’, que é “a denominación máis apropiada para este tipo de enclaves”, sostén Pilar Prieto.

Publicidade

As escavacións practicadas neste xacemento da contorna rural de Lugo serviron para constatar a conservación dun parapeto, unha construción integrada por un muro de pedra de case dous metros de altura que ten reforzada a súa cara exterior por unha deposición de xabre de case 3 metros de anchura, ademais dun foxo exterior.

Alén destas observacións, a tamén profesora da área de Arqueoloxía da USC sostén que as principais novidades das pescudas practicadas no Corro dos Mouros, son as que apuntan ou, cando menos, suxiren a posibilidade de que o citado parapeto contaba cunha cuberta, a xeito dunha especie de coiraza de seixo que facía visible a edificación desde lonxe, ao tempo que reforza o efecto de monumentalidade da ‘roda’.

Publicidade

A segunda das achegas máis relevantes salientadas por Prieto responde ao achado no interior da ‘roda’ dunha lousa de case un metro cadrado, a carón dunha ola que se conserva completa e que foi colocada de pé moi coidadosamente. Este descubrimento, que ata o momento, constitúe un rexistro único en Galicia, pode interpretarse como un acto ritual fundacional, apunta. “A nosa hipótese suxire que o xacemento, que se encadra na dinámica de escala europea xeral, constitúe recinto cerimonial vinculado co mundo funerario”, afirma Prieto, que defende a necesidade de continuar cos traballos de escavación para poder definir adecuadamente a súa función deste conxunto.

Espazo patrimonial rural

O Corro dos Mouros de Adai sitúase nun espazo patrimonial de primeira orde no rural de Lugo, no que cómpre destacar a existencia de petróglifos e, sobre todo, a presenza dunha cabana alongada prehistórica escavada en granito, tipo longhouse, única en Europa. O castro de Penarrubia, que se atopa a escasos 500 metros de distancia do Corro dos Mouros, reforza aínda máis a relevancia patrimonial e a importancia deste enclave, sinala Prieto, que considera ademais que estes dous xacementos poderían estar relacionados no tempo e no seu uso.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

“Perdeu a vista nun ollo pola malleira”: a pegada da violencia machista no arquivo do psiquiátrico de Conxo

A investigadora da USC Noelia Valiño rescata 23 historias clínicas que recollen evidencias das agresións físicas, verbais e psicolóxicas sufridas por mulleres entre 1937 e 1973

Atopados os restos óseos dun individuo durante a escavación da foxa de Beira, en Carral

Un equipo da USC busca espazos de violencia franquista na parroquia coruñesa, onde foron enterradas entre agosto e setembro de 1936 un mínimo de 18 vítimas na contorna da igrexa

Media Galicia en alerta vermella pola calor: estes son os 117 concellos afectados

A influencia das altas presións producirá que algúns episodios se prolonguen ata cinco días, sobre todo en Ourense, A Coruña e Lugo

▪️ Que é a cúpula de calor? O fenómeno detrás dos récords de temperatura en Galicia en pleno mes de maio

MeteoGalicia establece alertas amarelas por calor na zona do Miño de Ourense e no sur de Lugo, con previsións de ata 36 graos