Identificada unha nova técnica artística en Cova Eirós

Os últimos traballos no xacemento de Triacastela tamén permitiron afondar nos costumes das comunidades neandertais que o habitaron

Unha nova exploración arqueolóxica da Cova Eirós, situada na parroquia lucense de Cancelo (Triacastela), proporciona datos novidosos sobre a Prehistoria das montañas luguesas. Os traballos desenvolvidos ao longo deste verán dan continuidade e amplían as escavacións precedentes dos niveis do Paleolítico medio e permiten documentar as manifestacións de arte rupestre no seu interior. De feito, os últimos traballos permitiron documentar unha técnica artística non rexistrada en anteriores prospeccións.

Nesta campaña de 2023 participan membros do Grupo de Estudos para a Prehistoria do Noroeste, Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da USC (GEPN-AAT), do Institut Català de Paleocologia Humana i Evolució Social de Tarragona (IPHES-CERCA) e da Universitat Rovira i Virgili (URV), ao abeiro dun convenio coa Consellaría de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Publicidade

Indicios dos modos de vida e evidencias artísticas

As intervencións arqueolóxicas realizadas ao longo do verán centráronse na exploración da entrada de Cova Eirós e na documentación da arte do interior. Os resultados da investigación ofrecen nova información sobre os modos de vida das comunidades de neandertais que ocuparon a Cova Eirós e sobre o mundo simbólico do Paleolítico superior. A nova exploración do nivel do Paleolítico medio (Nivel 4) amplía o coñecemento sobre os grupos que habitaron as Serras Orientais hai máis de 45.000 anos e que utilizaron a cova como campamento durante tempadas relativamente longas. Nas escavacións recuperáronse os restos das ferramentas líticas fabricadas en cuarcitas e cuarzos recollidos nas beiras dos ríos próximos. Estes aparellos eran usados para procesar os animais cazados, as súas peles e para fabricar ferramentas en madeira. Atopáronse, tamén, restos óseos e dentais das presas, como mandíbulas e ósos de cervo. 

  • Mandíbula de cervo recuperada no nivel 4 de Cova Eirós
  • Lasca en cuarcita do nivel 4 de Cova Eirós.

As comunidades de neandertais no lugar capturaban cérvidos, rebezos e cabalos nos vales e bosques próximos que despois, unha vez despezados, levaban á cavidade. Algúns destes restos óseos conservan aínda as marcas de corte feitas coas ferramentas líticas usadas para o seu descarnado. As pezas recuperadas amosan que Cova Eirós tamén foi ocupada alternativamente por carnívoros que a usaban como cubil ou oseira. 

Publicidade

En paralelo ás escavacións, realizáronse traballos de documentación e fotogrametría e levantamentos en 3D dos paneis contedores de arte nas salas do interior de Cova Eirós. Nesta campaña identificáronse novos motivos no fondo das galerías realizados cunha técnica non documentada ata o momento. Descubríronse puntos e signos pareados debuxados en pintura vermella no teito da galería, cun uso do ocre como pigmento que non fora documentado en ningún dos paneis coñecidos previamente e que amplía as técnicas e motivos representados na arte de Cova Eirós.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Resucitar moléculas da Prehistoria contra as superbacterias: a nova fronteira dos antibióticos por IA

Os modelos xenerativos xa poden recuperar péptidos do ADN de especies desaparecidas e agora enfrontan o reto de converter os achados computacionais en medicamentos

Máis aló da madeira: o proxecto galego que busca novos aproveitamentos do monte dende Baroña

Multi-Forest, unha iniciativa impulsada dende Feuga, aplica imaxes satelitais para diversificar os usos do territorio, dende a micoloxía ata o certificado de calidade

Un estudo galego analiza o papel do clima na evolución de máis de 4.200 tipos de pequenos mamíferos

Os resultados amosan que un 39 % das especies son especialistas climáticas, polo que se restrinxen a unha área de condicións concretas

Que é o Virus do Nilo, a enfermidade que activa as alarmas en España e suma máis de 50 mortes en Italia

A maioría dos pacientes son asintomáticos, pero existe unha variante neuroinvasiva que inflama o cerebro e causa encefalite ou meninxite