Descobren con éxito restos óseos na tumba dun potencial familiar de Colón

A Asociación Colón Galego atopa con éxito os restos de Xohán Mariño de Soutomaior na tumba ubicada na igrexa de San Martiño de Sobrán

A igrexa de San Martiño de Sobrán, en Vilaxoán (Pontevedra) estaba ateigada durante a mañá deste luns. Ducias de xornalistas, veciños, historiadores e curiosos encheron as bancadas da ermida para asistir á apertura do sepulcro de Xohán Mariño de Soutomaior. A razón? A Asociación Cristóbal Colón Galego quere realizar unha proba de ADN para tratar de demostrar que o histórico personaxe foi, realmente, galego.

Tras semanas de preparación para levantar con seguridade a tapa do sarcófago de máis dunha tonelada de peso, o grupo de arqueólogos e divulgadores achou, para a súa alegría, que a maioría dos ósos de Xohán Mariño estaban nun relativo bo estado de conservación. “Unha das curiosidades que observamos é que tódolos restos están arrimados contra un dos lados do sepulcro”, explica a GCiencia un dos traballadores. Probablemente, isto débese a unha construción posterior na igrexa, na que tiveron que recompoñers as paredes. Os fémures e máis os ósos dos brazos de Mariño de Soutomaior son os restos mellor conservados, mais o cráneo na súa estrutura natural non estaba conservado, apenas unha pequena parte da cabeza.

Publicidade

Nesta prospección dos defensores da teoría galega, participaron activamente o restaurador José Aguiñoe o historiador e restaurador Sindo Mosteiro, que traballan arreo para cumprir tódalas normas de Patrimonio durante a exhumación. Isto débese, principalmente a que esta igrexa románica está datada no século XIV.

Os traballos irán de vagar, explican desde o colectivo. Xa que terán que fotografar e documentar adecuadamente tódolos restos humanos e do propio ataúde do fundador de Vilaxoán e potencial descendente de Cristóbal Colón. Unha vez estea todo documentado, o equipo de arqueólogos da Universdidade de Granada liderado por Inmaculada Alemán decidirá cal é a mellor mostra para levárense a analizar aos seus laboratorios.

Publicidade

O nacemento da teoría galega

A tese galega naceu en 1898 da man do historiador Celso García de la Riega, que tamén dá nome á Asociación Cristobal Colón Galego. O escritor argumentou en Madrid que Colón non podía ser xenovés. Despois, co paso dos anos, fóronse sumando motivos de defensa á orixe galega do almirante. Un dos piares sobre os que se sustenta a tese é, por exemplo, que os topónimos pontevedreses que aparecen nas costas americanas. “Moitos aparecen na mesma secuencia na que os podemos atopar na ría de Pontevedra e incluso algúns teñen a mesma forma física”, asegura Esteban. O presidente da asociación engade que todos estes topónimos son concéntricos á suposta casa natal de Colón en Poio. “Van desaparecendo a medida que te vas separando. En América hai 50 topónimos da ría de Pontevedra, 35 da de Vigo, 30 da de Arousa… De todas as costas, pero da que máis hai é da primeira”, argumenta.

Outro dos piares nos que se sustenta a teoría é a lingua que empregaba Colón nos seus escritos. “As cartas gardan poucos segredos. Hai adaptacións, palabras e xiros propios da lingua galega“, recalca o coordinador dos traballos. E insiste, tamén, na parte documental ao enfatizar que o apelido Colón xa existía en Galicia antes do descubrimento de América. Segundo Esteban, isto non o pode probar ningunha outra das teorías existentes. Indica, de feito, que hai constatadas dúas inscricións en pedra que recollen o apelido: unha na base dun cruceiro xa desaparecido e outra na igrexa de Santa María A Maior. Ao parecer, os mareantes foron os que construíron a capela e, polo tanto, é probable que a familia Colón pertencese a este gremio. “Colón usou topónimos de Pontevedra para nomear rías e illotes, pero tamén usou os nomes de catro confrarías da zona. Iso significa que non só coñecía as nosas costas, senón que tiña moita información do día a día”, asegura Esteban, enfatizando as posibilidades de que o almirante fose galego.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa para non esquecer: a historia detrás das 96 foxas galegas da Guerra Civil

RTVE presenta o proxecto "El país de las 6.000 fosas", elaborado xunto á iniciativa "Nomes e voces", para documentar os enterramentos irregulares da represión franquista

Un equipo da USC exhuma en Rianxo a dous represaliados da violencia golpista en 1936

Manuel Piñeiro e Francisco López foron fusilados na parroquia de Asados con apenas un mes de diferenza

Atopados catro corpos na foxa de San Miguel de Cabreira, en Salvaterra de Miño

O grupo da USC que lidera a escavación baralla a hipótese de que sexan cinco moañeses desaparecidos en 1936

Este é o documental de 1927 que xa defendía a orixe galega de Colón

Un filme mudo expón con gravacións a cor das rías galegas e con textos impresos que o almirante procedía de Pontevedra