Un equipo galego recibe 450.000 euros para crear unha terapia contra o cancro gástrico

A Asociación Española Contra o Cancro da Coruña financia seis proxectos do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago para fomentar os estudos oncolóxicos

A Asociación Española Contra o Cancro (AECC) da Coruña concedeu as súas Axudas á Investigación a varios proxectos do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS) co obxectivo de fomentar o estudo oncolóxico. A axuda de maior contía, cifrada en 450.000 euros, vai destinada á compañía biotecnolóxica Diversa Techonologies, que naceu como spin-off do IDIS e do Sergas e está dirixida pola científica María de la Fuente. O financiamento recibido irá destinado a avanzar no desenvolvemento dunha nanoinmunoterapia de precisión para o cancro gástrico, de cara a ofrecer unha atención máis humana e personalizada.

Ashwin Woodhoo, investigador líder do grupo de Control de Regulación Xénica en Enfermidades (GeneRegulon) foi galardoado coa axuda a Proxectos Xerais AECC 2025, dotada con 400.000 euros durante catro anos. O seu traballo céntrase en atopar novas vías terapéuticas para tratar os tumores malignos da vaina nerviosa periférica, un cancro pouco común e especialmente agresivo que xorde nos nervios.

Publicidade

Pola súa banda, Pablo Aguiar, investigador líder do grupo de Imaxe Molecular, foi o beneficiario da Axuda a Proxectos Estratéxicos 2025, dotada con 140.703 euros para tres anos. A súa proposta, AI.PET-PT integra a imaxe molecular con técnicas de intelixencia artificial para avanzar na personalización da protonterapia coa fin de deseñar tratamentos máis axustados.

A investigadora Lucía Sanjurjo, recibiu a axuda Sinerxias 2025 por valor de 20.000 euros polo seu proxecto NANO-BIT que explora o uso de nanotecnoloxía para crear nanocápsulas capaces de transportar anticorpos directamente ao interior das células tumorais. O investigador Jorge Barbazán, do grupo de Oncoloxía Médica Traslacional (Oncomet) do IDIS, recibiu a mesma axuda polo seu estudo no efecto de novas estratexias terapéuticas baseadas en radioterapia no cancro de páncreas.

Publicidade

A Axuda Clínico Júnior, dotada con 154.000 euros, foi entregada a Alberto Rojas para deseñar un modelo de intelixencia artificial que mellore o diagnóstico de determinados cancros do sangue.

O acto de entrega celebrouse no marco do IV Punto de Encontro Voluntariado e Investigación no Palacio de Exposicións e Congresos da Coruña (Palexco). O encontro contou coa participación do conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño; o reitor da Universidade da Coruña, Ricardo Cao; e a delegada especial en materia de Educación e Mocidade da Deputación da Coruña, Yoya Neira.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Da diabetes a novos biomarcadores: así serán os temas do Congreso de Endocrinoloxía e Nutrición en Santiago

O IDIS participa cunha investigación sobre a obesidade e as súas complicacións metabólicas e unha análise comparativa do risco nutricional hospitalario, entre outras achegas

Galicia ampliará de xeito progresivo o cribado de cancro de mama a mulleres de entre 45 e 74 anos

Ao longo do ano 2027 serán invitadas por primeira vez a participar no programa as persoas usuarias nadas nos anos 1982 e 1977

Un equipo galego abre a porta a detectar a periodontite mediante unha mostra de saliva e IA

A investigación, liderada pola USC e o IDIS, indica que o mellor modelo do experimento acada unha sensibilidade superior ao 92%

Un de cada doce homes con cancro de próstata de alto risco ten alteracións xenéticas hereditarias relevantes

Un equipo de Santiago publica un estudo co que avanza na comprensión da enfermidade e cara a unha medicina máis personalizada