Homenaxe a Stephen Hawking na NerdNite de abril

A NerdNite de abril estará dedicada á memoria de Stephen Hawking. O xoves 12 de abril, na Nave de Vidán, en Santiago de Compostela, tres científicos que coñeceron e estudaron a vida e a obra do científico inglés falarán sobre o legado e as visitas a Galicia do investigador. A cita, de acceso libre e gratuito, comezará ás 22 horas.

O catedrático Jorge Mira, un dos científicos galegos que acolleu a Hawking con motivo da entrega do premio Fonseca, fará un percorrido fotográfico da estancia do físico inglés en Galicia. Falará tamén José Edelstein, profesor de Física Teórica da USC, nunha intervención que levará por título “Stephen Hawking y el ludópata vergonzante”. E o doutorando da área de Física Teórica Alejandro Vilar intervirá con “E Hawking dixo: Fágase a luz!”.

Publicidade

Stephen Hawking faleceu o pasado 14 de marzo aos 76 anos. A súa formulación da teoría sobre os buracos negros cambiou a concepción que ata os anos 70 se tiña de universo. Alén disto, a esclerose lateral amiotrófica que padeceu desde novo, e coa que xa convivía cando realizou algúns dos seus achados máis importantes, condicionaron a súa vida. Visitou en varias ocasións Galicia. Na primeira delas, en 2008, recibiu o premio Fonseca, que gardaba con cariño no seu despacho. Desde abril de 2017 unha praza en Fisterra, onde tamén estivo en 2008, leva o seu nome.

Toda a información sobre o legado de Hawking e a súa presenza en Galicia, nesta ligazón.

Publicidade

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Ventilatio Lab, solucións científicas que veñen polo aire

A spin-off da USC foi a gañadora na categoría Idea Emerxente dos Premios GCiencia Galicia Spin-Off

Por que as tardes comezan a alongarse antes do solsticio de inverno?

A partir do 8 de decembro, a combinación da inclinación do eixo terrestre e da órbita irregular da Terra fai que os días comecen a medrar

AMS-LAB, Ventilatio Lab e MetBioCat reciben os IX Premios GCiencia Galicia Spin-off  

Os galardóns, que celebran a súa novena edición, foron entregados nun acto no Pazo de San Roque en Santiago

Kip Thorne, premio Nobel: “É probable que descubramos a orixe do universo en 30 ou 40 anos”

O físico albisca un futuro próximo no que as ondas gravitacionais desvelen a orixe do cosmos e defende a universidade fronte á "estupidez" de Trump