Venres 29 Marzo 2024

O nome de Stephen Hawking queda unido ao cabo Fisterra

“Gocei a miña viaxe á fin do mundo, que fermoso lugar. Grazas pola hospitalidade“. Foi a frase que deixou escrita Stephen Hawking en 2008, no libro de honra do Concello de Fisterra, cando visitou Galicia para recibir o premio Fonseca que entrega o programa Conciencia, coordinado por Jorge Mira. Naquela ocasión, nun dos días da súa estancia, desprazouse ata Fisterra, acompañado pola súa filla Lucy e unha comitiva de autoridades, científicos, xornalistas e veciños.

Daquela visita xurdiu un compromiso por parte da corporación municipal da vila fisterrá para inmortalizar aquela visita dando nome a algún espazo público. E decidiuse que aquel lugar tiña que estar preto da Fin do Mundo, da que o físico británico quedara prendado. Hai agora 11 meses, en abril de 2017, inaugurabase de forma oficial a praza Stephen Hawking de Fisterra na explanada que dá acceso ao faro e a punta do cabo Fisterra, un dos lugares máis visitados de Galicia. Foi o primeiro espazo público de Galicia e España dedicado á figura dun dos científicos contemporáneos máis célebres. As palabras que dixo Hawking naquela visita quedaron inmortalizadas en inglés, castelán e galego. na placa que indica o nome da praza.

Publicidade

Na inauguración oficial do 12 de abril do ano pasado participaron o alcalde de Fisterra, José Marcote, a Cónsul Honoraria do Reino Unido en Galicia, María García de la Concha, e o propio Jorge Mira, entre outras autoridades e veciños.

Con todo, a visita con motivo do premio Fonseca non foi a última de Hawking a Galicia. os últimos anos, Regresou dúas veces. En outubro de 2014 estivo en Vigo como pasaxeiro do cruceiro “Oasis of the seas” e probou ostras na Pedra. E xusto un ano despois,  estivo no parador de Cambados tras chegar de novo a Vigo nun cruceiro. Visitou tamén o pazo de Rubiáns, en Vilagarcía de Arousa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:04:39

Pode caer un raio dúas veces no mesmo sitio?

Grazas aos pararraios a humanidade non teme hoxe as tormentas e o seu poder destrutivo, pero o lugar onde caen as descargas ten pouco de azar e moito de fondo científico

Pódcast | É hora de entender o cambio horario, con Jorge Mira

O catedrático de Física da USC, membro do comité de expertos que asesorou ao Goberno, aclara as dúbidas respecto ao movemento do reloxo

Un estudo cuestiona os riscos para a saúde atribuídos ao movementos do reloxo

Investigadores das Universidades de Santiago de Compostela e Sevilla revisaron a literatura científica máis citada a este respecto

O pai da batería de ión-litio: “Galicia ten un enorme potencial eólico, o reto é almacenalo”

O nobel de Química de 2019 lamenta en Santiago como o seu descubremento cambiou os nosos costumes: “O bo e o malo son indisolubles, tamén na ciencia”