Por que asociamos o martes 13 coa mala sorte? A neurociencia ten a resposta

A crenza de que certas cifras traen mala sorte pervive a raíz de influencias culturais e mantén a tendencia á superstición

O segundo martes de 2026 corresponde ao número 13, unha cifra vinculada directamente ao mundo da superstición. A raíz desta crenza, moitos avións saltan da fila 12 á 14 e, nalgunhas ocasións, os hoteis non contan con habitación número 13. Con todo, de onde vén esta crenza? Pois dun conxunto de motivos relixiosos, simbólicos e propios da cultura popular.

Quizais é un pensamento que xurdiu na Idade Media: o 13 é o seguinte número primo despois do 11, simbolicamente de grande estima pola súa practicidade e cualidades matemáticas. Con todo, tamén se vincula aos 13 comensais da Última Cea, tras a cal Xesús morreu executado. A relixión tamén aparece cando se vincula o número ao capítulo da Apocalipse de San Xoán dedicado ao Anticristo e á Besta.

Publicidade

Mentres, en China, Xapón e Corea o número que suscita máis medo é o catro. Isto vén porque a palabra xaponesa shi significa morte, e pronúnciase igual que o número. En Italia é o 17 polos números romanos: escríbese XVII, pero se se reordenan as súas letras pode lerse VIXI, expresión latina empregada nas lápidas que significa “vivín”.

Que é a triscadeicofobia?

Ascensor dun bloque de apartamentos de Shanghái, onde faltan os pisos 0, 4, 13 e 14. Foto: Wikimedia Commons
Ascensor dun bloque de apartamentos de Shanghái, onde faltan os pisos 0, 4, 13 e 14. Foto: Wikimedia Commons

A superstición que se agocha tras este número impar desenvolve mesmo unha fobia denominada triscadeicofobia. O medo ao martes 13 tamén ten nome: trezidavomartifobia. As persoas afectadas adoitan relacionar esta data a desgracias, erros ou perdas, mesmo sen evidencia real dunha relación día-temor.

Publicidade

Por exemplo, na novela O hobbit de J. R. R. Tolkien, os trece ananos non queren ter mala sorte na súa viaxe e pídenlle ao mago Gandalf que atope a un décimo cuarto membro para a súa compaña. Mentres, hai quen considera o lanzamento do Apolo 13 en 1970 como a proba definitiva da mala sorte do 13: foi lanzado ás 13:13 dende o complexo 39 —tres veces trece— e sufriu unha explosión en pleno voo que fixo abortar a misión. Non obstante, non houbo falecidos.

A explicación neurocientífica

O investigador David Bueno i Torrens escribe nun artigo de The Conversation que hai enquisas que demostran que o 25% da poboación occidental se considera a si mesma supersticiosa. “Diversos traballos realizados dende a psicoloxía indican que temos tendencia a vincular de forma irreflexiva sucesos concorrentes”, sinala o especialista en Neurociencia e Educación.

Trátase dunha das funcións básicas do cerebro: establecer relacións entre sucesos que nos permitan anticipar o futuro, sen ter en conta se é un efecto de causalidade ou unha simple casualidade. Psicólogos comprobaron que os comportamentos supersticiosos tamén proporcionan unha sensación de control e reduce a ansiedade. Por iso, en momentos difíciles, cada vez máis xente recorre a rituais ou crenzas supersticiosas.

Neste contexto, a dopamina é un dos factores que inflúe no fenómeno: se facemos algo e sentimos dopamina, o cerebro lémbrao como algo positivo. Por iso, como explica Bueno i Torrens, cando hai moita dopamina, o cerebro pode axudar a anticipar eventos e estar motivados, pero tamén pode crear supersticóins e interpretar coincidencias como causalidades. Con todo, podemos sentirnos positivos e preparados, sabendo que a sorte non depende nin dun amuleto nin dun día no calendario.

Andrea Veiga
Andrea Veiga
Graduada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, comezou a súa traxectoria profesional en GCiencia no ano 2024. Apaixonada pola redacción de reportaxes relacionados con animais, saúde e historia, tamén está interesada no ámbito das redes sociais, especialmente na creación de contido audiovisual para plataformas como TikTok.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Sonia Villapol: “O cerebro agradece o exercicio, é un dos medicamentos sen receita máis eficaces”

A neurocientífica galega publica 'Cerebro en modo ON', un manual divulgativo de neurociencia para adolescentes con grandes leccións para adultos

Arden máis os espazos protexidos? Cando os datos non xustifican o relato

Os estudos dispoñibles non demostran que a protección aumente o risco de incendio nin que unha maior intervención sobre a vexetación sexa a resposta

Vacinas nasais: unha nova e prometedora vía para frear a transmisión dos virus respiratorios

A modalidade xera unha defensa intensa nas vías respiratorias superiores ao administrarse o aerosol ou as gotas directamente sobre a mucosa do nariz

Como de sostibles son os bioplásticos?

Trátase dunha nova alternativa aos plásticos convencionais, fabricados con menos enerxía e biodegradables mediante compostaxe