Peluches de animais en perigo de extinción para calmar os nenos: a innovadora idea de tres estudantes da USC

Os bonecos, destinados a cativos de entre tres e oito anos, poderían ser especialmente beneficiosos para rapaces con autismo

Liñazas, pequenas follas de eucalipto e teas hipoalerxénicas. Eses son os materiais que conforman os peluches de Mundo Mullu, creados co obxectivo de ofrecer termoterapia e aromaterapia a nenos. Foron deseñados por un grupo de estudantes da Facultade de Administración e Dirección de Empresas da Universidade de Santiago (USC). Os bonecos, que representan animais en perigo de extinción, inclúen un pequeno libro que explica os motivos polos que están nunha situación crítica na vida real.

Os peluches creados polo equipo galego están pensados para os nenos de entre tres e oito anos. Pódense meter no microondas para que estean quentes e para que poidan durmir con eles ao lado, algo que consideran especialmente positivo para os nenos con autismo. Ademais, querían darlle outro motivo para que o produto fose especial. “Queríamos transmitir a mensaxe aos nenos de por que é importante coidar o medio ambiente”, explica Teo Espinoza, membro do equipo Mundo Mullu.

Publicidade

Unha idea que cruzou o charco

A idea xorde no ano 2022, cando Espinoza estaba en Perú e tiña que facer un proxecto de clase, a partir do cal ideou uns peluches. E esa é a idea coa que traballou nos últimos tres anos ata que, o pasado mércores, o seu equipo gañou o premio Lugo Explorer Space. “Foi moi emocionante, non o esperabamos, de como traía a idea de Perú a como está agora fixemos unha grande evolución”, afirma Espinoza, que agradece aos mentores do programa Explorer.

O proxecto desenvolvido pola propia Espinoza e polos galegos Alejandro Morquecho e María Fernández afrontan agora máis traballo por diante. A intención é vender o primeiro lote de 25 peluches que crearon. A partir de aí, buscarían contactar cun fabricante que poida facer de 500 a 1.000 unidades. “O que queremos é perfeccionar os modelos para que sexan o máis idénticos posibles aos animais en perigo de extinción”, explica, aínda que recorda que se precisa un maior investimento.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla