Patentes e fármacos: encontro en directo con Xosé María Torres

O farmacéutico, portavoz de patentes da ONG Farmamundi, abordará este martes 18 as claves sobre o acceso a medicamentos no mundo

A pandemia da Covid-19 está a agravar as fendas da desigualdade que todos os días prexudica a miles de millóns de persoas no planeta. Mentres uns países xa acadan unha cobertura importante coas vacinas contra o coronavirus SARS-CoV-2 e comezan a ver a luz ao final do túnel, outras rexións do planeta sofren novas e grandes vagas de contaxios, con hospitais colapsados e miles de mortes diarias. Nas últimas semanas, os movementos de diversos gobernos cara á suspensión temporal das patentes que protexen a propiedade intelectual das vacinas contra a Covid-19 está a xerar un importante debate na opinión pública.

Co obxectivo de coñecer máis a fondo o funcionamento destes mecanismos, GCiencia organiza este martes 18 de maio, ás 20 horas, un encontro en directo con Xosé María Torres Bouza, farmacéutico e voceiro da ONG Farmamundi en materia de patentes. O encontro poderá seguirse a través de gciencia.gal e os perfís de GCiencia en Facebook, Youtube e Twitter.

Publicidade

Entre outras cuestións, Torres abordará o propio concepto das patentes, a súa orixe e regulación, a súa influencia nos prezos dos medicamentos así como algúns casos coñecidos arredor da propiedade intelectual dos fármacos, como o da penicilina, aspirina ou o a zidovudina, o primeiro medicamento contra a sida, comercializado en 1987. Afondará ademais nas razóns e posibles solucións aos problemas do desigual acceso a fármacos no mundo.

Xosé María Torres é licenciado en Farmacia pola USC e especialista en Farmacia Industrial e Galénica. Desde 2008 é farmacéutico comunitario en Ortigueira (A Coruña). Foi vogal de Farmamundi e presidente da Coordinadora Galega de ONGD (2005-2011, e visitou proxectos de cooperación en Ecuador, Perú, Nicaragua e Alxeria (Tindouf, campamentos saharauis). Desde hai anos colabora con diversos medios de comunicación con artigos de contido social sobre cooperación ao desenvolvemento, cuestións sanitarias e de medicamentos. No eido editorial foi editor de Salud y medicamentos en países en vías de desarrollo (2003) e e coordinador de Hepatitis C: La revolución de los pacientes (2018), editados por Farmamundi.

Publicidade

Se queres remitir a túa pregunta, podes facelo en directo no momento da entrevista, ou a través deste formulario.

← Back

A túa mensaxe enviouse

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O Ministerio de Sanidade conclúe que non hai evidencia científica que avale a homeopatía

O Ministerio publica un informe que analiza 64 estudos sobre a homeopatía e conclúe que non hai evidencia da súa eficacia en tratamentos para a saúde

Hai desigualdades no acceso a fármacos contra a obesidade?

A semaglutida ten propiedades que axudan ás persoas a perder peso ou controlar a diabetes, pero non todas poden permitirse este medicamento debido ao seu elevado custo

Un novo fármaco reduce os síntomas previos a xaquecas como sensibilidade á luz ou mareos

O medicamento, en fase de probas, amosouse efectivo para combater o malestar que precede a un forte ataque de dor de cabeza

España tarda 721 días en aprobar medicamentos oncolóxicos autorizados por Europa

A bióloga galega Marisol Soengas amosa a súa preocupación polo empeoramento nos prazos para dar medicamentos innovadores a pacientes con cancro