Luns 4 Marzo 2024

225 anos da primeira vacina da historia: o neno James Phipps e a varíola

O 14 de maio de 1796, o científico británico Edward Jenner inauguraba a ciencia da inmunoloxía inoculando unha vacina a un neno de 8 anos

O 14 de maio de 1796, fai agora 225 anos, o científico inglés Edward Jenner administraba a primeira vacina da historia. Comezaba así unha carreira contra a varíola que remataría no ano 1980, cando a Organización Mundial da Saúde declaraba oficialmente erradicada esta doenza en todo o mundo. Aquela loita contra a enfermidade tamén tivo protagonismo galego cos 22 orfos coruñeses que levaron a América a vacina na expedición Balmis. Pero todo comezou un día de maio que supuxo un fito científico e tamén un desafío para a ética dos ensaios clínicos.

Porque ata o século XIX, a varíola foi unha das principais causas de morte, especialmente entre a infancia. A enfermidade non tiña cura, pero en Inglaterra Lady Mary Wortley Montagu popularizara unha práctica que observara en Turquía, pola que mulleres que se picaron con agullas impregnadas en pus de vexigas de vacas non desenvolvían logo a enfermidade.

Publicidade

Os 22 orfos coruñeses que levaron a vacina da varíola a América

Edward Jenner (17 de maio de 1749 – 26 de xaneiro 1823) tomou nota das investigacións de Lady Montagu e o 14 de maio de 1796, extraeu pus dunha pústula da man de Sarah Nelmes, unha munxidora que contraera a varíola das vacas, e inoculouno a James Phipps (1788-1853), un neno saudábel de oito anos, fillo dun humilde traballador, mediante dúas incisións superficiais.

En días sucesivos, o investigador fixo reporte detallado da súa evolución: “Ao sétimo día, o neno queixouse de molestias na axila. Ao noveno sentiu calafríos, perdeu o apetito e sufriu unha lixeira dor de cabeza, pero ao décimo estaba perfectamente ben”, escribiu Jenner.  O neno desenvolveu esta leve enfermidade que desapareceu sen a menor complicación. Finalmente, o 1 de xullo pasou a incularlle a varíola con varias incisións, pero non enfermou. Tamén probaría a mesma técnica co seu propio fillo, que tampouco enfermou de varíola. Nacía deste xeito unha nova ciencia: a inmunoloxía.

Este experimento, que hoxe se consideraría pouco ético, marcou o comezo da vacinación (unha práctica que recibe o seu nome do termo latino de vaca). Pero dende aquela segue aberto o debate sobre a ética profesional de Jenner, ao utilizar a dous menores como suxeitos experimentais. O caso segue a prender ardentes debates sobre ética científica como tamén o é a chamada Real Expedición Filantrópica da Vacina partiu da Coruña o 30 de novembro de 1803

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Primeiro caso de gripe porcina en humanos en Reino Unido: isto é o que sabemos

A infección pertence a unha subvariante distinta que os casos detectados anteriormente, pero os expertos agardan que non presente grandes diferenzas

Por que están aumentando os casos de covid en Galicia? Estas son as claves

Un maior movemento da poboación no verán, a caída da inmunidade e a aparición de novas liñaxes de ómicron poden ser os desencadeantes

Sonia Villapol: “En Galicia estímase que 75.000 persoas teñen covid persistente”

A neurocientífica galega acaba de publicar un libro no que reflexiona sobre as leccións aprendidas durante a pandemia